Ciro II o GrandeXenophon, Anabasis I. IX; see also M. A. Dandamaev "Cyrus II", en Encyclopaedia Iranica. (en antigo persa 𐎤𐎢𐎽𐎢𐏁; Kūruš, en persa moderno کوروش بُزُرگ; Kurosh-e Bozorg), nado c. 600 a. C. e finado no 530 a. C., foi o rei iniciador da dinastía aqueménida de Persia e fundador do Imperio aqueménida Achaemenid dynasty (i. The clan and dynasty) que gobernou desde c. 559 a. C. ata a súa morte no 530 a. C. Procedente de Pérsida, levou a dinastía aqueménida ao poder derrotando o Reino medo e abrazando todos os estados civilizados anteriores do antigo Oriente Próximo, expandíndose enormemente pola maior parte de Asia Occidental e gran parte de Asia Central para crear o que axiña se convertería no imperio máis grande da historia na época. A maior extensión territorial do Imperio Aqueménida conseguiuse baixo o reinado de Darío o Grande, cuxo dominio se estendía dende o sueste de Europa no oeste ata o val do Indo no leste.

Traxectoria Baixo o seu mandato, o imperio abrangueu inicialmente todos os anteriores estados civilizados do Oriente Próximo (Media, Lidia e Babilonia) e expandiunos ampla e eventualmente, conquistando a maioría de Asia suroccidental e gran parte de Asia Central e o Cáucaso. Desde o mar Mediterráneo e o Helesponto no oeste ata o río Indo no leste, Ciro o Grande creou o maior imperio que nunca houbo no mundo ata ese momento. Os seus sucesores ampliaron eventualmente o imperio con partes dos Balcáns (Bulgaria-Panonia) e Tracia-Macedonia no oeste e o val do Indo no leste. A relación completa dos seus títulos rexios era: Rei de Reis, Rei de Persia, Rei de Ashan, Rei dos medos, Rei de Babilonia, Rei de Sumeria e Acad, e "Rei dos Catro Recunchos do Mundo". O reinado de Ciro o Grande durou entre 29 e 31 anos, e o imperio por el fundado mantivo a súa existencia durante máis de douscentos anos, ata a súa conquista final por Alexandre Magno (332 a. C.).

Nome miniatura|Inscrición nunha columna en Pasargadas que di "Son Ciro o rei, un aqueménida.", gravada nos idiomas persa antigo, elamita e acadio.|esquerda

Ciro é a forma latinizada e galeguizada do grego Κύρος (Kuros), que á súa vez deriva do persa antigo Kurash (ás veces transcrito como Kurush, Koroush, Khorvash etc) .O nome e o seu significado aparecen gravados en inscricións antigas en diferentes linguas. Sobre a súa etimoloxía, os autores clásicos Ctesias e Plutarco indicaban que Ciro era chamado Kuros, o "Sol", un concepto que foi interpretado co significado de "coma o Sol" (Khurvash), facendo notar a súa relación co nome persa para o sol, khor, usando vash coma un sufixo que indica semellanza. Os autores modernos, polo xeral, prefiren "novo" ou "o que humilla ao seu inimigo nunha disputa verbal". O epíteto "o Grande" é utilizado polas fontes gregas, que tamén o chaman "o Vello" (ou "o Maior"), en contraposición ao posterior Ciro o Novo. Posibelmente deriva do título de "vazraka" ("grande"), utilizado polos soberanos persas a partir de Ciro ("Xshayathiya vazraka", "gran rei").Conquistas de Ciro.|miniatura|esquerda Orixes

miniatura|Pasargadas: a tumba de Ciro. Ciro era fillo de Cambises I de Anshan, da dinastía aqueménida, e, segundo Heródoto, de Mandane, filla do rei medo Astiaxes e de Aryenis, princesa do reino de Lidia. Isto proporciónalle certa lexitimidade sobre os tronos de Media e Lidia, polo que se pode tomar como un invento da propaganda oficial; no entanto, as alianzas dinásticas eran usuais. Os antecesores de Ciro lideraban os grupos persas establecidos na zona montañosa do leste do antigo reino de Elam (suroeste do actual Irán) desde principios do século VII a. C., baixo Aquemenes, lendario fundador da dinastía Aqueménida. Ostentaban o título de "rei de Anshan", cidade de forte tradición elamita, e desde o século VI a. C. eran vasalos do reino de Media. A residencia real de Ciro situábase en Pasargadas, preto de Anshan; non obstante é probábel que xa se utilizase Susa, outro antigo centro urbano do suroeste de Elam, como capital alternativa.

O avó de Ciro II, Ciro I de Anshan, podería ser identificado co Ciro de Parsumas mencionado polo rei asirio Asurbanipal cara ao 647 a. C. Isto situaría a data de nacemento de Ciro preto do 600 a. C., o que coincide cos escritos do historiador grego Dinón (citado por Cicerón en De Divinatione). En caso contrario, preferiríanse datas máis tardías, ao redor do ano 580 a. C..Certas inscricións achadas en Ecbatana (Media, ao norte de Irán) indicarían que Ariaramnes e Arsames, membros dunha casa colateral da dinastía, reinarían en correxencia de Ciro I e Cambises I. No entanto, por razóns de estilo e de contexto histórico, polo xeral son consideradas falsificacións, ou ben obra do posterior do rei Darío I (neto de Arsames e bisneto de Ariaramnes), ou ben modernas.

Expansión Conquista de Media Cara ao 559 a. C., Ciro II sucedeu ao seu pai Cambises I. Segundo Heródoto, Ciro rebelouse contra o soberano medo Astiaxes, a quen logrou depoñer logo de recibir o apoio de Harpago, comandante do exército medo. Fontes contemporáneas din, corroborando a Heródoto, que no ano 550 a. C. (Crónica de Nabónido, ou Crónica de Babilonia Nº 7Ancient Near Eastern texts relating to the Old Testament. Pritchard, 1969), ou 553 a. C. (Cilindro de Sippar), Astiaxes atacou a Ciro, pero foi entregado ao rei persa polas súas propias tropas. Ciro tomou entón Ecbatana, a capital de Media, e trasladou o seu tesouro a Persia.

É notábel a frecuencia coa que Heródoto menciona xenerais de orixe meda nas campañas de Ciro, entre eles Harpago. Ecbatana transformaríase en residencia de verán dos soberanos persas. No entanto, pódense atopar recensións anti-persas nas tradicións, probabelmente de orixe meda, recollidas polo historiador grego Ctesias, e na inscrición de Behistún, que describe rebelións en Media cara ao 521 a. C., uns oito anos logo da morte de Ciro.

Conquista de Lidia miniatura|250px|Vaso grego que representa ó rey lidio Creso, a piques de ser incinerado nunha pira por orde de Ciro.

A fronteira occidental da área de influencia meda era o río Halys (Anatolia, actual Turquía), que a separaba do reino de Lidia. Creso, rei de Lidia, era cuñado do deposto Astiaxes, existindo xa que logo unha alianza matrimonial entre os dous reinos. Segundo Heródoto, consultou ao oráculo de Delfos sobre a conveniencia de atacar os persas, e este respondeulle que se o facía, destruiría un grande imperio. Entón, Creso cruzou o río Halys e enfrontouse con Ciro en Pteria, non lográndose unha vitoria definitiva para ningún dos dous bandos. Creso retirouse para pasar as estacións frías e esperar reforzos do seu aliado Amasis II de Exipto e da cidade grega de Esparta, pero foi perseguido polos persas ata a súa capital, Sardes, e sitiado. Sardes caeu e, a piques de ser queimado na fogueira, a vida de Creso foi perdoada por Ciro. O grande imperio destruído terminaba sendo, entón, o seu propio.

Isto é o que narra o relato de Heródoto, que convén tomar con cautela. En cambio a Crónica de Nabónido infórmanos que no verán do 547 a. C., Ciro "conquistou o país de Li[...]" e matou o seu rei. Os símbolos cuneiformes que representan o reino conquistado parecen poder interpretarse como "Lidia". O problema está en que contradí amplamente a Heródoto: na estación da conquista de Sardes e na morte de Creso.Algúns autores propuxeron interpretacións alternativas a "Lidia". Véxase Rollinger 2004 na bibliografía.

Os primeiros anos da conquista persa de Lidia foron algo tumultosos. Pacties, lidio encargado do tesouro de Sardes, liderou unha rebelión que chegou a asediar Sardes. Esta foi reprimida polo sátrapa Mazares, quen morreu ao pouco tempo. O seu sucesor Harpago dirixiu a conquista das cidades gregas de Asia Menor.

Conquista de Babilonia O rei de Babilonia era naquel momento Nabónido, que pasara boa parte do seu reinado no oasis árabe de Tema, pero regresara a Babilonia probabelmente a raíz da ameaza de Ciro. As campañas contra Babilonia parecen comezar a finais da década de 540 a. C. O primeiro feito preciso do que se ten noticia é a vitoria de Ciro sobre os babilonios na batalla de Opis, no outono de 539 a. C. Sippar rendeuse, e Gobrias, gobernador persa de Gutium, entrou sen batalla en Babilonia o 12 de outubro do 539 a. C., chegando Ciro varios días máis tarde. A idea de conquista non violenta é presentada pola Crónica de Nabónido e o Cilindro de Ciro, no entanto, documentos administrativos indican reparacións nas fortificacións de Babilonia meses despois da súa conquista.Tolini, G. (2005): "Quelques éléments concernant la prise de Babylone par Cyrus (octorbe 539 av. J.-C)", en Arta (Achaemenid Research Texts and Archaeology). Gobrias foi designado como gobernador de Babilonia, e nomeáronse subgobernadores nas provincias menores.

Para a conquista de Babilonia, Ciro tivo o substancial apoio do sacerdocio babilonio, que estaba enfrontado con Nabónido por mor das súas reformas relixiosas. Á súa vez, a chegada de Ciro é celebrada pola comunidade xudía de Babilonia (Isaías 40-56).

miniatura|centro|600x600px|Ruínas da cidade de Babilonia.

As provincias orientais miniatura|Estandarte de Ciro. Existe un problema sobre cando foron conquistadas as provincias orientais do Imperio, que corresponden aos actuais Afganistán, Tadjiikistán, Uzbekistán e Turkmenistán. Eran habitadas por sogdianos, bactrianos e arios, pobos de orixe irania indoeuropea e emparentados estreitamente con medos e persas. Son mencionadas como satrapías (provincias) persas no ano 521 a. C. (inscrición de Behistún), polo que necesariamente formaban parte do Imperio de Ciro (o seu sucesor Cambises II non puido conquistalas xa que as súas campañas concentráronse en Exipto). Ciro puido telas herdado do reino medo, ou telas conquistado trala anexión de Lidia, segundo se pode supoñer dos historiadores gregos Heródoto e Ctesias.

Siria e Palestina A área de Siria e Palestina, que formaba parte do Imperio Neobabilónico, foi subxugada pacificamente. Ciro permitiu o regreso a Palestina das comunidades xudías deportadas en Babilonia (Esdras), así como, segundo datos arqueolóxicos, de grupos de deportados arameos á súa terra de orixe en Siria.

As cidades fenicias non ofreceron resistencia, e estableceuse unha especie de protectorado persa nelas.

Campañas posteriores e morte Cara ao 529 a. C., Ciro emprendeu unha campaña contra os nómades escitas do nordeste do imperio, concretamente a tribo dos masaxetas, deixando ao seu fillo Cambises como herdeiro co título de rei de Babilonia. Segundo informes posteriores (Arriano, Anábase) fundou unha cidade preto do Sir Darya, Cirópolis ou Kurushkatha. En todo caso, foi superado e morto polos escitas. Foi sucedido polo seu fillo Cambises II.

O cilindro de Ciro miniatura|250px|O Cilindro de Ciro.

Despois da conquista, Ciro fixo unha declaración que se escribiu en acadio cuneiforme nunha xerra de arxila coñecida como o cilindro de Ciro, na que se fai mención das súas vitorias e actos, e documéntase a súa liñaxe real (a familia dos Aqueménidas). Este cilindro, que se vai depositar nas bases de Esagila (o templo de Marduk en Babilonia) como depósito de fundación despois da conquista persa o 539 aC. foi descuberto en Babilonia o 1879 e está hoxe en día no Museo Británico.H.F. Vos, "Arqueoloxía de Mesopotamia", páx. 267 en A Enciclopedia de Biblia Estándar Internacional, edición. Geoffrey W. Bromiley. Wm. B. Editorial Eerdmans, 1995. ISBN 0-8028-3781-6 O cilindro tamén incluía un catálogo de medidas políticas: tolerancia relixiosa, abolición da escravitude, liberdade de elección da profesión, e expansión do imperio. O cilindro menciona tamén a submisión dos reis de tendas, que se refire a pobos nómades de Arabia; os reis de palacios refírese a reis de Fenicia e Siria.miniatura|Ciro II o Grande e os hebreos Familia real