A Real Asociación Numismática do Canadá (en ; en ), coñecida tamén polas súas siglas en inglés RCNA, é unha asociación sen ánimo de lucro canadense fundada en 1950 en Toronto, constituída por coleccionistas de moedas e, en xeral, persoas interesadas pola numismática do Canadá en calquera das súas modalidades. Os seus asociados proceden maioritariamente do Canadá e dos EEUU, aínda que se estenden por moi diversos países do mundo."Home / Accueil". No sitio web da RCNA.
Inicialmente denominada Asociación Numismática do Canadá, a entidade engadiu o título de "Real" na súa convención levada a cabo en Ottawa en 2008, logo da concesión por parte da raíña Isabel II en outubro de 2007.Cywinski, Mario. "CNA becomes Royal". En Canadian Coins News. 19 de gosto a 1 de setembro de 2008. Páxina 1.
En ocasións, a RCNA traballa conxuntamente coa Asociación Canadense de Educación Numismática (Canadian Association for Numismatic Education -CAFNE-), unha organización educativa a través da cal financia algúns dos seus seminarios e das súas publicacións."Canadian Association for Numismatic Education (CAFNE) Reception". No sitio web da RCNA."Our mandate / Notre mandat". No sitio web de CAFNE.
Convencións A Real Asociación Numismática do Canadá celebra anualmente unha convención, en cada ocasión nunha cidade diferente. No transcurso destas convencións desenvólvense actividades moi diversas, como seminarios, foros e simposios educativos, competicións, poxas, visitas a organizacións de carácter numismático ou cerimonias de entrega dos premios establecidos pola entidade."RCNA: Another RCNA Convention for the Books". Bank of Canada Museum. 29 de setembro de 2016."Educational symposium, workshop coming to RCNA Convention". En Canadian Coin News. 19 de xullo de 2018. Un dos eventos máis característicos destas convencións é a feira numismática que se desenvolve en cada unha delas, co nome de Canada's Money Collector Show, onde comerciantes e coleccionistas establecen as súas relacións comerciais."Conventions". No sitio web da RCNA.
Medallas das convencións Con ocasión de cada convención anual, a RCNA emite unha medalla de cobre conmemorativa que se lles entrega gratuitamente aos asistentes, cunha simboloxía da asociación nos seus anversos e motivos alusivos ao lugar de celebración nos seus reversos. Nalgúns casos cúñase tamén unha versión en prata desta medalla, á que se pode acceder mediante compra, a través da web da asociación."Official Convention Medals". No sitio web da RCNA.Cross, W. K. Canadian Association Medals. Vol. II. The Charlton Press. 2008. ISBN 0-88968-152-X
Formación numismática A RCNA instituíu en 1995 o seu primeiro curso de numismática canadense por correspondencia, en 12 capítulos, no que xa se viña traballando desde 1992; un proxecto educativo ideado e dirixido por Paul Johnson e financiado fundamentalmente pola Asociación de Servizos Educativos Numismáticos (Numismatic Educational Services Association -NESA-)."Royal Canadian Numismatic Association ". En International Coin Associations. Coinsuppleplanet.com."Canadian Numismatic Correspondence Course - Part I". No sitio web da RCNA.
O bo acollemento deste curso por parte do público levou ao lanzamento, en 2005, dun segundo curso, tamén por correspondencia e en 17 capítulos, que foi presentado durante a convención da Real Asociación Numismática do Canadá dese mesmo ano en Calgary."Canadian Numismatic Correspondence Course - Part II". No sitio web da RCNA.
Así mesmo, a RCNA conta con programas educativos de iniciación á numismática canadense e outros deseñados particularmente para o público infantil, e colabora con outras institucións no desenvolvemento de xornadas formativas sobre numismática canadense."Educational services". No sitio web da RCNA.
Publicacións Desde 1956, a asociación mantén a publicación periódica bilingüe The Canadian Numismatic Journal / Le Journal canadien de numismatique, que contén informacións de interese para os asociados e artigos sobre as máis diversas perspectivas da numismática canadense."The CN Journal". No sitio web da RCNA.
Ademais, con motivo da celebración do 50 aniversario da súa fundación, a RCNA publicou unha historia da entidade elaborada por Paul Johnson:"Royal Canadian Numismatic Association history book available". En The E-Stylum. Vol. 12. Nº 40. 4 de outubro de 2009. Numismatic Bibbliomania Society.
Clute, Stanley. The Canadian Numismatic Association: A Half Century of Advancement in Numismatics. CNA. 1999. ISBN 9781550567328
Premios Durante as convencións anuais entrégase un bo número de premios convocados pola RCNA. Son os seguintes (en cada ligazón pódense consultar as listaxes completas de premiados):"Awards". No sitio web da RCNA.
Premio J. Douglas Ferguson. Estableceuse en 1969 para galardoar un numismático vivo a quen se lle recoñece a súa contribución ao avance da numismática no Canadá a través das súas investigacións ou das súas publicacións. O premio naceu co patrocinio de J. Douglas Ferguson, daquela presidente honorario da entidade."J. Douglas Ferguson Award". No sitio web da RCNA. Premio James E. Charlton Junior. Tamén establecido en 1969, recoñece a mellor presentación nunha exhibición anual por parte de membros da RCNA de entre 16 e 17 anos. O premio leva o premio dese antigo membro da asociación, que deixou un legado económico para o financiar."James E. Charlton Junior Exhibit Award". No sitio web da RCNA. Premio Guy Potter Literary. Este premio toma o relevo do ata entón denominado Premio Literario da CNA, que foi renomeado en 1978 para honrar a memoria de Guy R. L. Potter, un dos fundadores da institución, da que foi presidente entre 1955 e 1956. Con el recoñécese o mellor artigo orixinal publicado en The Canadian Numismatic Journal no último ano."Guy Potter Literary Award". No sitio web da RCNA. Premio Memorial Louise Graham. Creouse en 1986 co nome dese antigo membro e directivo da asociación. Diríxese aos clubs asociados á RCNA para recoñecer o maior logro en beneficio dos seus membros."Louise Graham Memorial Award". No sitio web da RCNA, Premio ao Socio da RCNA. Este premio estableceuse en 1990 e con el recoñécese un servizo concreto á asociación por parte dalgún dos seus socios."Fellow of the RCNA Award". No sitio web da RCNA. Premio literario Jerome H. Remick III. Estableceuse en 1995 cos fondos legados por Jerome Remick, antigo membro da asociación. Con el recoñécese o mellor artigo numismático publicado nun xornal dalgunha asociación numismática canadense ao longo do ano."Jerome Remick III Literary Award". No sitio web de RCNA. Premio Jean Bullen. Desde 2004, concédeselle á mellor presentación na exhibición anual por parte dun membro da RCNA. O premio leva o premio desa antiga membro da asociación, que deixou un legado económico para o financiar."Jean Bullen Award". No sitio web da RCNA. Premio Paul Fiocca. Concédese desde 2008 para recoñecer as contribucións individuais máis salientables á asociación ao longo do tempo por parte dos membros da asociación. O seu nome honra a figura de Paul Fiocca, que foi editor da publicación periódica Canadian Coin News e do boletín da RCNA: The Canadian Numismatic Journal."Paul Fiocca Award". No sitio web da RCNA. Premio Charles D. Moore. Creouse en 2017 co nome dese antigo presidente da asociación, para galardoar a contribución dun numismático profesional á numismática canadense e á RCNA ao longo de varios anos."Charles D. Moore Professional Numismatic Award". No sitio web da RCNA. Premio ao mellor boletín informativo. Concédese en dúas categorías, unha ao mellor boletín informativo publicado por unha entidade asociativa numismática do Canadá de carácter local, e unha segunda ao mellor de ámbito rexional ou nacional."Local & Regional/National Newsletter Awards". No sitio web da RCNA. Premio Sheldon Carroll Best of Show. Outórgaselle á mellor presentación dentro das exhibicións que se celebran no marco das convencións anuais."Sheldon Carroll Best of Show Awards". No sitio web da RCNA.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de asociacións numismáticas Sociedade Canadense de Papel Moeda
Ligazóns externas
Sitio web da RCNA Perfil en Facebook da RCNA
Categoría:Asociacións numismáticas Categoría:Organizacións sen ánimo de lucro Categoría:Cultura do Canadá