miniatura|240px|Leipoa ocellata. miniatura|240px|Macrocephalon maleo. A dos Megapodíidos (Megapodiidae) é unha familia de aves da orde dos galiformes, que comprende vinte e dous especies repartidas en sete xéneros, coñecidas vulgarmente como talégalos (cultismo derivado do xénero Talegalla), e tamén como megápodos (outro cultismo).

Características Son galiformes de tamaño de mediano a grande (de 27 a 60 cm, e de 0,9 a 8 kg de peso), de aparencia semellamte á dos pavos, coa cabeza pequena e as patas longas (ao que alude o seu nome). A súa plumaxe é de cor negra ou apardazada A súa plumaxe é de cor negra, gris ou apardazada; algungas especies teñen a cabza espida de plumas, e presentan cristas ou carúnculas de cores rechamantes, vermellas ou amarelas.

Hábitat e distribución Habitan en selvas tropicais húmidas primarias e secundarias, zonas de matogueiras xerófitas monzónicas e na vexetación propia das praias, na rexión Indo-Pacifica, desde as illas Nicobar ao noroeste, até Australia e as illas Tonga, Marianas e Palau no suroeste, a través de Malaisia, Indonesia, Filipinas e Nova Guinea.

Costumes e alimentación Evitan voaren e pasan a maior parte do tempo no solo, alimentándose de semente, insectos, froitos, raíces, cangrexos e caracois.VV. AA. (1986): Natura. Enciclopedia de los animales. Volume IV Aves. Barcelona: Ediciones Orbis, S. A. ISBN 84-7634-433-5, p. 138.

Taxonomía Descrición A familia foi descrita en 1831 polo naturalista francés René Primevère Lesson,Wikispecies. na súa obra Traité d'ornithologie, ou, Tableau méthodique des ordres, sous-ordres, familles, tribus, genres, sous-genres et races d'oiseaux : ouvrage entièrement neuf, formant le catalogue le plus complet des espèces réunies dans les collections publiques de la France (Texto completo).

Etimoloxía O nome científico da famiia, Megapodiidae, está formado pola unión dos elementoe do latín científico Magapodi- e -ǐdae. O primeiro esta tirado do xenitivo do nome do xénero tipo da familia, Megapodius, e o segundo é a desinencia coa que se forman os nomes das familias de animais.

Para a etimoloxía de Megapodius, véxase Megapodius.

Xéneros miniatura|240px|Megapodius reinwardt. Na actualidade, na famiia recoñécense os sete xéneros seguintes:Megapodiidae no ITIS.

Familia Megapodiidae Lesson, 1831 Aepypodius Oustalet, 1880 - 2 especies Alectura Latham, 1824 - 1 especie Eulipoa Ogilvie-Grant, 1893 - 1 especie Leipoa Gould, 1840 - 1 especie Macrocephalon S. Muller, 1846 - 1 especie Megapodius Gaimard, 1823 - 13 especies Talegalla Lesson, 1828 - 3 especies

Filoxenia As relacións filoxenéticas dos xéneros son, de acordo con Harris el al. (2014), as que mostra o seguinte cladograma:Harris R. B.; Birks S. M. & Leach A. D. (2014): "Incubator birds: biogeographical origins and evolution of underground nesting in megapodes (Galliformes: Megapodiidae) J. Biogeogr. 41: 2045-2056.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A. and Fishpool, L. D. C. (2014): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 1: Non-passerines. Barcelona: Lynx Edicions / Cambridge, UK: BirdLife International. ISBN 978-84-9655-394-1. del Hoyo, J.; Elliott, A. & Sargatal, J. (1994): Handbook of the Birds of the World. Volume 2: New World Vultures to Guineafowl. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-415-6.

Outros artigos Aves Galiformes

Ligazóns externas Megapodiidae megapodes na ADW. Megapodes Megapodiidae na EOL. Gill, F. & Donsker, D. eds., (2019): Megapodes. Family Megapodiidae. IOC World Bird List (versión 9.1).

Categoría:Galiformes