Tawakkul Abdel-Salam Karman (en Tawakkul 'Abd us-Salām Khalid Karmān; tamén transliterado como Tawakul, TawakelEvening Times (Glasgow). Arrest Sparks Protest. 24 de xaneiro de 2011. Consultado o 8 de outubro de 2011 en Lexis-Nexis Database.Emad Mekay. Arab Women Lead the Charge. Inter Press Service (Johannesburg), 11 de febreiro de 2011. Consultado o 8 outubro de 2011 en Lexis-Nexis Database.), nada en Shara'b As Salam (Iemen) o 7 de febreiro de 1979,) é unha xornalista, política e activita polos dereitos humanos iemení. Lidera o grupo "Mulleres xornalistas sen cadeas", que cofundou en 2005. Converteuse na face pública internacional do levantamento do Iemen de 2011, que foi parte da primavera árabe. En 2011, foi chamada "muller de ferro" e "nai da revolución" por algúsn iemenís. En 2011 recibiu o Premio Nobel da Paz, sendo a primeira iemení, a primeira muller árabe, e a segunda muller musulmá que o gañou, ademais da segunda Nobel da Paz máis nova ata o momento.

Karman gañou protagonismo no seu país despois de 2005 pola súa participación como xornalista e defensora dun novo servizo telefónico de noticias ao que se lle denegou a licenza en 2007, tralo que liderou protestas pola liberdade de prensa. Organizou protestas semanais a partir de maio de 2007 aumentando os asuntos para reformar. Redirixiu as protestas iemenís para apoiar a "revolución de xasmín", como chamaba a primavera árabe, logo de que o pobo tunisiano derrocase o goberno de Zine El Abidine Ben Ali en xaneiro de 2011. Foi unha das voceiras da oposición que reclamou o fin do réxime do presidente Ali Abdullah Saleh.

Un cable saudita de WikiLeaks revelou que mentres denunciaba publicamente a Arabia Saudita, estaba organizando reunións secretas cos sauditas para requirir o seu apoio. Karman prodigou eloxios aos sauditas por forzar un acordo de transición que moitos reformistas viron como unha profunda traizón á revolución. Ela acusou a Abd Rabbuh Mansur Hadi de apoiar os houthis e a Al Qaida.

Traxectoria Tawakkol Karman naceu o 7 de febreiro de 1979 en Shara'b As Salam, gobernación de Taiz. Creceu preto de Taiz, onde estudou, terceira cidade máis grande do Iemen, descrita como un lugar de aprendizaxe nun país conservador. É filla do avogado e político Abdel Salam Karman, que ata a súa dimisión ocupou o cargo de ministro de asuntos legais no goberno de Ali Abdullah Saleh. É irmá do poeta Tariq Karman, e de Safa Karman, avogado, e primeiro cidadán iemení graduado pola escola de dereito de Harvard. Safa é tamén xornalista e traballa para Al-Jazeera. Está casada con Mohammed al-Nahmi e é nai de tres fillos.

Karman obtivo un grao en comercio pola Universidade de Ciencia e Tecnoloxía, e graduouse en ciencia política pola Universidade de Saná. En 2012, recibiu un doutoramento honorífico en dereito internacional pola Universidade de Alberta no Canadá.

Nunha protesta en 2010, unha muller intentou apuñalala cun jambiya mais os seguidores de Karman foron quen de evitar o asalto.

Segundo Tariq Karman, "un alto oficial iemení" ameazou telefonicamente de morte a súa irmá de morte o 26 de xaneiro de 2011 se continuaba coas súas protestas públicas.FIDH Segundo escribiu Dexter Filkins en The New Yorker, o oficial era o presidente Saleh.

O goberno turco ofreceu a Karman a cidadanía turca e ela recibiu os documentos do ministro de exteriores turco o 11 de outubro de 2012.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Women's eNews. Official Nobel Prize page

Categoría:Personalidades do xornalismo Categoría:Nados no Iemen Categoría:Nados en 1979 Categoría:Premio Nobel da Paz Categoría:Políticos do Iemen Categoría:Activistas polos dereitos humanos do Iemen