300px|miniatura|Ovo humano: a zona pelúcida vese como unha cuberta grosa clara rodeada polas células da coroa radiada.

A zona pelúcida é unha capa de glicoproteína que rodea a membrana plasmática dos ovocitos de mamíferos. É unha parte constitutiva vital do ovocito. A zona pelúcida aparece primeiro nos ovocitos primarios unilaminares. Segrégana tanto o propio ovocito coma as células dos folículos ováricos. A zona pelúcida está rodeada polo cúmulo oóforo. O cúmulo está composto por células que protexen o ovo cando este é expulsado do ovario. A zona pelúcida é esencial para o crecemento do ovocito e a fecundación.

Esta estrutura únese aos espermatozoides, e requírese para iniciar a reacción acrosómica. No rato (o sistema de mamíferos mellor estudado), a glicoproteína da zona, ZP3, é responsable da unión do espermatozoide, adheríndose a proteínas da membrana plasmática do espermatozoide. A ZP3 intervén despois na indución da reacción acrosómica, na cal o espermatozoide libera o contido da súa vesícula acrosómica. A caracterización exacta do que ocorre noutras especies é máis complicada porque nelas se identificaron máis proteínas da zona.

En humanos, cinco días despois da fertilización, o blastocisto realiza a eclosión da zona; a zona pelúcida dexenera e descomponse, para ser substituída pola capa subxacente de células trofoblásticas.

Estrutura

A zona pelúcida é unha matriz translúcida de glicoproteínas que rodea o ovocito de mamíferos, cuxa formación é esencial para a fecundación (fusión de óvulo e espermatozoide). En animais non mamíferos denomínase membrana vitelina ou envoltura vitelina.

Función A grosa membrana da zona pelúcida funciona permitindo a fecundación específica de especie, impedindo a polispermia e permitindo a reacción acrosómica para que se produza unha adhesión e penetración exitosa do espermatozoide. As principais glicoproteínas da cuberta do ovo denomínanse proteínas de unión aos espermatozoides.

As catro principais proteínas de unión ao espermatozoide ou receptores do esperma, son: ZP1, ZP2, ZP3 e ZP4. Únense aos espermatozoiddes capacitados e inducen a reacción acrosómica. Unha correcta fecundación depende da capacidade do espermatozoide de penetrar a matriz extracelular da zona pelúcida que rodea o ovo. No rato: A ZP3 permite a unión de espermatozoides específica de especie. A ZP2 media a unión do espermatozoide. A ZP1 establece enlaces cruzados con ZP2 e ZP3.

Non se dispón actualmente de datos das proteínas humanas nativas equivalentes.

Inmunocontracepción As glicoproteínas que conteñen o módulo ZP, como ZP1, ZP2, ZP3 e ZP4 son dianas para a inmunocontracepción en mamíferos.

En animais non mamíferos a zona pelúcida denomínase envoltura ou membrana vitelina, e en insectos envoltura vitelina, e xoga un importante papel na prevención da hibridación entre distintas especies, especialmente en especies como as de peixes que realizan a fecundación fóra do corpo.

A zona pelúcida utilízase comunmente para o control das poboacións de animais silvestres por medio da inmunocontracepción. Cando a zona pelúcida dunha especie animal é inxectada na corrente circulatoria doutra especie, orixina esterilidade nos individuos da segunda especie debido á resposta inmune. Este efecto pode ser temporal ou permanente, dependendo do método utilizado. Un exemplo do uso da inmunocontracepción foi un ensaio para o control de cervos na natureza feito en Nova Jersey usando a zona pelúcida porcina.

Galería

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas - "Female Reproductive System: ovary, cumulus oophorus " - "Female Reproductive System: ovary, multilaminar primary follicle" Anatomy photo: Reproductive/mammal/ovary2/ovary7 - Comparative Organology at University of California, Davis - "Mammal, canine ovary (LM, High)" Image at um.edu.mt Image at um.edu.mt

Categoría:Aparato reprodutor Categoría:Bioloxía do desenvolvemento