Abraham Lloriente Sánchez, coñecido como Madrileño, nado en Madrid cara a 1912 e finado en Xinzo (Ponteareas) o 15 de novembro de 1943, foi un guerrilleiro antifranquista.

Traxectoria Ferroviario asentado en Vigo, na República foi elixido vogal da sección xuvenil da agrupación local do Partido Republicano Radical Socialista que presidía José Acuña, en 1933.El Pueblo Gallego, 16-4-1933, p. 4. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. Reclamado polo xuíz militar de Vigo mediante requisitoria o 8 de setembro,"Requisitorias", El Pueblo Gallego, 10-9-1936, p. 4. e novamente reclamado por requisitoria en xuño de 1937 xunto con Roberto Oya Alonso, Álvaro Ballesteros Estévez, Guillermo Santos Caride, Eugenio González Fernández, Fermín Pais Alonso e outros veciños de Lavadores fuxidos,El Pueblo Gallego, 18-6-1937, p. 2. foi xulgado por rebelión militar e declarado en rebeldía. Integrouse no grupo de José García Morales e Ramón Pereira Antelo cos que participou nalgunhas accións dende 1942. En abril de 1943 foi procesado por roubo e asasinato do veciño de Petelos Fructuoso Costas Giráldez (o garda cívico que rematou a Manuel González Fresco), con José García Morales, Ramón Pereira Antelo, Manuel Simón Campos e José Luís Quintas Figueroa."Requisitoria", El Pueblo Gallego, 17-4-1943, p. 2. Morreu asasinado en Xinzo o 15 de novembro de 1943.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1943