Monica Seles (en , |ˈsɛlɛʃ ˈmoːnikɒ|; en , Monika Seleš), nada en Novi Sad o 2 de decembro de 1973 é unha ex xogadora de tenis, que representou a Iugoslavia e aos Estados Unidos de América. Etnicamente húngara, nacionalizouse estadounidense en 1994 e tamén recibiu a cidadanía húngara en xuño de 2007. Foi número un da WTA e gañou oito títulos individuais de Grand Slam, oitos deles como adolescente representando a Iugoslavia, e o último representando aos Estados Unidos.
En 1990, Seles converteuse na campioa máis nova de Roland Garros con dezaseis anos. Gañou oito títulos individuais de Grand Slam antes de cumprir vinte anos e foi número un do mundo en 1991 e 1992. Non obstante, o 30 de abril de 1993 foi vítima dun ataque na pista, cando un home a apuñalou nas costas cun coitelo de 23 cm de longo. Seles non volveu ao tenis ata dous anos despois. Aínda que gozou de certo éxito na volta en 1995, incluíndo un cuarto título de Australia en 1996, non puido recuperar a súa mellor forma. Xogou o seu último partido como profesional en Roland Garros en 2003, aínda que non se retirou ata febreiro de 2008.
Considerada como unha das mellores tenistas da historia, Seles foi nomeada unha das "30 lendas do tenis feminino: Pasado, presente e futuro" pola revista Time. Algúns xogadores e historiadores afirman que Seles tiña o potencial para converterse na máis completa xogadora de todos os tempos se non fose apuñalada. Foi incluída no International Tennis Hall of Fame en 2009.
Vida privada O 21 de abril de 2009, Seles publicou as súas memorias tituladas Getting A Grip: On My Body, My Mind, My Self que relata a súa loita coa depresión e o trastorno de alimentación compulsiva (BED) despois do ataque sufrido, o cancro do seu pai e a súa morte, a súa volta ao tenis e a vida posterior ao deporte. En 2015, Seles converteuse en voceira de Shire Pharmaceuticals, creadores do primeiro medicamento aprobado pola Food and Drug Administration para tratar o BED, para aumentar o coñecemento da desorde que ela mesma sufriu dende que era adolescente. Seles inxería cantidades normais durante as comidas e logo devoraba en segredo grandes cantidades de "comida lixo" cando estaba soa.
Seles está casada co empresario Tom Golisano, 32 anos máis vello ca ela. Comezaron a saír en 2009 e anunciaron o seu compromiso o 5 de xuño de 2014.
Estatísticas Finais de Grand Slam ResultadoAnoTorneoSuperficieOpoñenteResultadoGañou1990Torneo de Roland GarrosTerra Steffi Graf7–6(8–6), 6–4Gañou1991Aberto de AustraliaPista dura Jana Novotná5–7, 6–3, 6–1Gañou1991Torneo de Roland Garros (2)Terra Arantxa Sánchez Vicario6–3, 6–4Gañou1991Aberto dos Estados UnidosPista dura Martina Navratilova7–6(7–1), 6–1Gañou1992Aberto de Australia (2)Pista dura Mary Joe Fernández6–2, 6–3Gañou1992Torneo de Roland Garros (3)Terra Steffi Graf6–2, 3–6, 10–8Perdeu1992Campionato de WimbledonHerba Steffi Graf2–6, 1–6Gañou1992Aberto dos Estados Unidos (2)Pista dura Arantxa Sánchez Vicario6–3, 6–3Gañou1993Aberto de Australia (3)Pista dura Steffi Graf4–6, 6–3, 6–2Perdeu1995Aberto dos Estados UnidosPista dura Steffi Graf6–7(6–8), 6–0, 3–6Gañou1996Aberto de Australia (4)Pista dura Anke Huber6–4, 6–1Perdeu1996Aberto dos Estados UnidosPista dura Steffi Graf5–7, 4–6Perdeu1998Torneo de Roland GarrosTerra Arantxa Sánchez Vicario6–7(5–7), 6–0, 2–6
Resultados nos Grand Slam IugoslaviaEstados Unidos de AméricaTorneo1988198919901991199219931994199519961997199819992000200120022003W–LSRGrand Slam tournamentsAberto de AustraliaAAAWWWAAWAASFAQFSF2R4 / 843–4Torneo de Roland GarrosASFWWWAAAQFSFFSFQFAQF1R3 / 1154–8Campionato de WimbledonA4RQFAFAAA2R3RQF3RQFAQFA0 / 930–9Aberto dos Estados UnidosA4R3RWWAAFFQFQFQFQF4RQFA2 / 1254–10Gañados–Perdidos0–011–313–221–027–17–00–06–117–311–314–316–412–37–217–41–29 / 40181–31
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas BBC Sport profile
Categoría:Nados en Novi Sad Categoría:Nados en 1973 Categoría:Medallistas olímpicos en tenis Categoría:Tenistas femininas dos Estados Unidos de América Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2000 Categoría:Medallistas olímpicos de bronce polos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia húngara Categoría:Tenistas olímpicos dos Estados Unidos de América Categoría:Tenistas nos Xogos Olímpicos de 1996 Categoría:Tenistas nos Xogos Olímpicos de 2000