Belgrado (en serbio: Београд ou Beograd) ten unha poboación de 1,2 millóns de habitantes (1 717 800 na área metropolitana). É a capital de Serbia (desde 1817), e foi tamén a capital de Iugoslavia (1918-2003) e de Serbia e Montenegro (2003-2006).

Limita ao norte coa provincia autónoma de Voivodina (distritos de Srem, Central Banat e Sur Banat), ao E co distrito de Podunavlje, ao SE co distrito de Šumadija, ao SO co distrito de Kolubara, e ao O co distrito de Mačva. O alcalde é Nenad Bogdanović. Belgrado está dividida en 17 municipalidades (10 urbanas e 7 suburbanas).

Historia de Belgrado esquerda|miniatura|Imaxe de Belgrado a comezos do século XX. A partir do século III aC houbo un asentamento celta e máis tarde romano (Singidunum) na rexión, que pasou a mans do Imperio bizantino despois da división do Imperio romano. Sufriu varias invasións antes da chegada dos serbios arredor do ano 680 aC. Máis tarde pasou a coñecerse como Beligrad (fortaleza branca ou cidade branca) no 878, baixo o dominio do reino de Bulgaria. Volveu pasar a mans bizantinas e baixo dominio búlgaro antes de se converter en cidade do reino de Serbia na Idade Media.

Máis tarde ocupada por Hungría e polos otománs en 1521, Belgrado permaneceu baixo o poder otomán durante case tres séculos. Ocupada en tres ocasións por Austria (1688-1690, 1717-1789, 1789-1791), a cidade foi tomada por forzas serbias durante o primeiro levantamento contra o dominio otomán (1818-1839).

Coa retirada dos últimos turcos (1867), a independencia de Serbia en 1878 e proclamación do reino de Serbia en 1882, Belgrado converteuse nunha cidade clave na zona dos Balcáns, pero as condicións seguían sendo as dun país agrario. En 1900 a capital contaba tan só con 69.000 habitantes.

Trala ocupación das tropas austro-húngaras e alemás en 1915-1918, durante a primeira guerra mundial, Belgrado experimentou un crecemento máis rápido e unha modernización considerable como a capital do novo reino de Iugoslavia durante os anos 1920 e 1930, medrando ata acadar os 239.000 habitantes en 1931.

O 6 de abril de 1941, Belgrado foi bombardeada polos alemáns, morrendo miles de persoas durante os bombardeos, e Iugoslavia foi invadida por forzas alemás, italianas, húngaras e búlgaras.

A emisora militar alemá de Belgrado comezou a emitir todos os días ás 21 horas 57 minutos como peche de emisión a canción Lili Marleen. Axiña houbo versións de texto para os combatentes de todas as nacionalidades, converténdose na canción de guerra máis popular ata hoxe coñecida.

A cidade permaneceu baixo ocupación alemá ata o 20 de outubro de 1944, cando foi liberada por forzas guerrilleiras iugoslavas e a Armada Vermella. No período de posguerra, Belgrado creceu rapidamente como a capital da nova Iugoslavia, desenvolvéndose como un gran centro industrial. Saraxevo foi considerada durante un curto período de tempo como un candidato para converterse na capital.

O 9 de marzo de 1991, tiveron lugar manifestacións en contra de Slobodan Milosevic na cidade. Dúas persoaas morreron e foron utilizados tanques nas rúas para restaurar a orde.

Belgrado foi bombardeada polas forzas aéreas da OTAN durante a guerra de Kosovo en 1999 causando danos considerables. Entre outros lugares bombardeados, encontrábase o ministerio de defensa, do interior e das finanzas, a residencia presidencial, algunhas estacións de radio e televisión incluíndo a televisión nacional (Radio Televisión Serbia), matando a 17 técnicos, o hospital Dragisa Misovic, casas privadas na comunidade de Zvezdara, a sede central do partido socialista, o hotel Jugoslavija e a embaixada de China. Os oficiais da OTAN declararon que esta última foi bombardeada porque os seus planificadores utilizaran mapas antigos.

Despois dunhas eleccións manipuladas en 2000, houbo grandes manifestacións en Belgrado, que causaron a renuncia do presidente Slobodan Milosevic.

Xeografía 250px|miniatura|Vista de Belgrado dende un satélite. A cidade de Belgrado atópase a 116.75 m sobre o nivel do mar, a 44°49'14" Norte e 20°27'44" Leste. A zona histórica onde naceu a cidade de Belgrado atópase na beira dereita do río Sava e do Danubio. Aínda que hoxe en día, co crecemento da cidade, esta ocupa ámbalas dúas beiras. A cidade ten unha área urbana de 359,96 km², 3.222,68 km² coa súa área metropolitana. Belgrado, como outras cidades Balcáns, considérase unha mestura entre a cultura occidental e a oriental.

Clima Belgrado posúe un clima continental moderado. A temperatura media anual da cidade é de 11,7 °C mentres que o mes máis quente é o mes de xullo, cunha temperatura media de 22,1 °C. Aínda que hai 31 días de media ó ano con temperaturas por baixo dos 30 °C, e 95 días por baixo dos 25 °C. Belgrado recibe uns 700 mm de choivas ó ano. A cidade ten unha media de 2.096 horas de sol. Os meses máis soleados son os de xullo e agosto, cunha media de 10 horas de sol ó día,mentres que decembro e xaneiro son os meses máis escuros, cunha media de 2-2,3 horas de sol.

Demografía

Belgrado tiña unha poboación de 1 576 124 no censo do 2002. Os maiores grupos étnicos estaban constituídos polos serbios (1 417 187), iugoslavos (22.161), montenegrinos (21.190), xitanos (19.191), croatas (10.381), macedonianos (8.372), e por musulmáns de calquera nacionalidade (4.617). A pesar dos históricos grupos relixiosos existentes na cidade, a faciana relixiosa de Belgrado é bastante homoxénea. A Igrexa ortodoxa serbia constitúe a maior comunidade relixiosa, con 1 429 170 fieis seguida do islam con 20.366 fieis, e a Igrexa católica con 16.305. A importante comunidade xudía de Belgrado quedou hoxe reducida a menos de 400 fieis tralo xenocidio nazi da segunda guerra mundial e a posterior emigración a Israel dos sobreviventes. A cidade tamén conta cunha pequena comunidade protestante formada por 3.796 fieis."Књиге резултата Пописа 2002.": "Књига 3: Вероисповест, матерњи језик и национална или етничка припадност према старости и полу - подаци по општинама" , páxina 12. Републички завод за статистику Србије, 2003.

Ademais da súa poboación nativa, Belgrado é fogar dunha gran comunidade serbia procedente da antiga Iugoslavia, formada por emigrantes e refuxiados dos conflitos étnicos.Refugee Serbs Assail Belgrade Government: The Washington Post, 22 de xuño de 1999. Contando ós refuxiados serbios de Croacia e Bosnia e Hercegovina, os desprazados de Kosovo, os estudantes e a poboación non censada fan que a poboación de Belgrado se achegue ós 2 millóns de habitantes. Ademais dos serbios, a cidade conta cunha poboación multicultural debido á súa capitalidade nos tempos da antiga Iugoslavia. Na cidade existe unha importante comunidade chinesa chegada a comezos da década dos 90. O Blok 70 no arrabalde de Novi Beograd é considerado o barrio chinés da cidade debido a súa gran poboación chinesa.Кинези Марко, Милош и Ана! , Курир (Kurir), 19 de febreiro-20 de febreiro 2005Кинеска четврт у Блоку 70 , Време (Vreme) No. 471, 15 de xaneiro 2000 A cidade tamñen conta cunha importante comunidade árabe. A maioría destes viñeron á cidade a formarse nas décadas dos 70 e 80 e acabaron quedando na cidade.A unique friendship club in Belgrade, Dawn - International, 7 de decembroGovernment, public diverge in assessment of Kosovo crisis Jordan Times, 11 de abril de 11 1999 A maioría proceden de Siria, Xordania e do Iraq.

Economía miniatura|Edificio do Banco Nacional de Serbia.

Belgrado foi historicamente pola súa situación xeográfica central, a súa condición de capital e o peso da súa poboación, o principal motor da economía de Serbia. De acordo coa súa Cámara de Comercio, a cidade contribuía no 2004 ao 30% do PIB e da poboación activa de todo o país, destacando nos sectores da industria, construción, comercio, finanzas, transportes e telecomunicacións. miniatura|Ponte nova construída en 2012.

A industria é o sector dominante da economía de Belgrado cun peso do 26,4% no valor total. Entre os tipos de manufacturas presentes destacan polo seu valor produtivo as empresas do sector enerxético (50,5%), as industrias alimentarias (17,3%), o sector metalúrxico (12,2%) e a industria químico-farmacéutica ( 7.6%). miniatura|Trolebus de Belgrado.

O comercio emprega a 63 mil persoas nuns 60 mil establecementos dos cales 14.500 son locais de venda ao miúdo, hipermercados ou grandes almacéns. O sector vese favorecido pola actividade do porto fluvial e a actividade promocional da Feira de Belgrado. miniatura|Tranvía de Belgrado. No sector da construción, Belgrado con máis de 4.300 empresas concentra a práctica totalidade dos recursos da Serbia: O 80% dos proxectos, o 50% das edificacións e o 100% da enxeñería civil.

Con todo, tamén é destacado o peso do sector agrario e de feito, Belgrado é considerada polas súas propias autoridades unha das poucas cidades capaces de autoabastecerse en canto a necesidades alimenticias. O 70% da superficie da rexión metropolitana atópase dedicada ás terras de labor ás que se engade a gandería con máis de 68 mil cabezas bovinas e 273 mil porcinas. Preto de 20 mil persoas están empregadas directamente neste sector do que forma tamén parte unhas 60 mil granxas.

Entre os principais establecementos financeiros destacan a sede do Banco Nacional de Serbia e o mercado de valores, onde cotizan as accións do índice nacional Belex.

Durante os anos 1990, a cidade sufriu do mesmo xeito que o resto do país os efectos da crise económica provocada pola situación de guerra na rexión e acentuada tras as sancións impostas pola comunidade internacional pero que foi recuperándose de xeito notable a partir do ano 2000 unha vez levantadas as restricións como resposta ao derrocamento de Slobodan Milošević. Así, se en decembro de 2000 a hiperinflación acadaba o 111,9%, o cambio do dinar iugoslavo a Euro fixábase a 58,67 ou as reservas en moedas estranxeiras eran de 890 millóns de USD, en xaneiro de 2005 eses mesmos indicadores mostraban un 14,4% para a inflación, o cambio a Euro en 80,29 e as reservas de moedas incrementadas ata os 4.977 millóns de USDMONETARY AND FOREIGN CURRENCY INDICATORS en Kombeg.org.yu

En marzo de 2007, o salario bruto mensual medio en Belgrado ascendía a 46.048 dinares serbios, ao redor de 565 euros ou 770$ dólaresOficina de estatísticas da República Serbia. Soldos mensuais, marzo, 2007.2007-04-23 . Data acceso:2007-18-05. En serbio.

Turismo

A partir de 2000, coa renovación das relacións diplomáticas con Europa Occidental e Estados Unidos, en Belgrado volve notarse a presenza dos turistas estranxeiros, ausentes dende as Guerras iugoslavas, dos noventa. A Organización do Turismo de Belgrado (TOB) é a organización oficial que promove Belgrado como destino turístico.

Os barrios e edificios históricos de Belgrado son as principais atraccións da cidade. Entre outros, estas son: Skadarlija, Museo Nacional de Serbia, Teatro Nacional, Zemun, a Praza Nikola Pašić, a Praza Terazije, a Praza de Estudantes, the Kalemegdan, a Rúa Knez Mihailova, o Parlamento de Serbia, o Templo de San Sava, e o Palacio Antigo. Ademais, existen moitos parques, monumentos, museos, bares, restaurantes e tendas; ás dúas beiras do Sava, o Mausoleo do Heroe Descoñecido en Avala (obra de Ivan Meštrović), Mausoleo de Perico, chamado Kuća cveća (Casa de Flores). Os parques Topčider e Košutnjak son moi populares, especialmente entre os turistas das repúblicas ex-iugoslavas.

Nos últimos anos, o número de turistas en especial os de Croacia, Eslovenia e Bosnia e Hercegovina, veñen a Belgrado a pasa-lo fin de semana e gozar da súa vida nocturnaFonteFonte.

Comunicacións e transporte