Álvaro Ballesteros Estévez, coñecido como Barbas, nado en Vigo e finado na Becerreira (Cabral, Vigo) o 2 de abril de 1938, foi un panadeiro e guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Panadeiro na Travesía Ceboleira do Calvario, en Lavadores. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. Reclamado polo xuíz militar de Vigo mediante requisitoria o 11 de novembro xunto con José Romero González, Guillermo Santos Caride e o seu irmán Jaime Santos Caride.El Pueblo Gallego, 8-11-1936, p. 3. Volveu ser reclamado polo xuíz militar de Vigo o 31 de decembro con outros veciños de Lavadores.El Pueblo Gallego, 1-1-1937, p. 3. Novamente reclamado en xuño de 1937 xunto con Roberto Oya Alonso, Guillermo Santos Caride, Eugenio González Fernández, Abraham Lloriente Sánchez, Fermín Pais Alonso e outros veciños de Lavadores fuxidos,El Pueblo Gallego, 18-6-1937, p. 2. e xulgado en Vigo por rebelión militar, foi declarado en rebeldía. Foi abatido nun monte na Becerreira o 2 de abril de 1938 xunto con Eduardo Araujo Conde nun enfrontamento cun destacamento falanxista da parroquia de Cabral. Como causa da morte figura "por disparos en colisión con la fuerza pública".
Notas
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Finados en 1938 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos