Marcus Daniel Cabada Candal, nado en Pontevedra o 25 de setembro de 1995, é un escritor galego.
Traxectoria Estudou no IES Xunqueira I de Pontevedra, onde formou parte do grupo de teatro A Esmorga, dirixido pola profesora Belén Herrero Sinovas. Despois comezou o grao en Lengua y literatura españolas na Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED). miniatura|Presentación de Ligeia en Bueu con Tamara Andrés (22/09/2018) Comezou moi novo a publicar artigos e fábulas no Diario de Pontevedra. Tamén colaborou no Faro de Vigo e MUNDIARIO. Foi creador e comisario do proxecto Ut pictura poiesis, conxunción entre poesía e arte como experiencia estética no marco da Biblioteca Pública de Pontevedra que relacionou as figuras de William Blake, Alejandra Pizarnik ou O Bosco. Xunto con Tamara Andrés creou e dirixiu a revista Ligeia, na que coordinou a escolma de literatura latinoamericana.
Está considerado un dos escritores máis característicos e representativos da Xeración Z.
Publicacións Publicacións en lingua castelá Triste escarlata (2013). Círculo Rojo. 68 páxs. ISBN 978-8490502600. Novela lírica. Desagravio de la derrota (2015). Círculo Rojo. ISBN 978-8491261599. Nove contos e un ensaio sobre os matices do fracaso.
El llano circular (2017). Ediciones Urbina. Poemas con maioría de hendecasílabos e alexandrinos, nos que traballa a busca dun camiño de contradicións, utopías, batallas, soños, memorias no tempo etc.
Publicacións en lingua galega miniatura|Presentación de Metafísica da ausencia, Pontevedra, 03/02/2019, con Tamara Andrés e Silvia PenasMetafísica da ausencia (2019). Editora Urutau. Brasil. 56 páxs. O profesor Israel Sanmartín di da obra: "Metafísica da ausencia é unha procura da ausencia que nace preñada por un anticristo que vén para asasinar toda presenza redentora e enclaustrala no esquecemento da historia".
Publicacións colectivas
Dentes para a mazá (doce poetas en creación) (2018). Chan da Pólvora. ISBN 978-84-948565-4-9.
Recoñecementos
2013: Premio Nacional Jóvenes Promesas de las Letras, por Triste escarlata 2014: Premio Internacional de Novela Experimental Charlotte Sabine, por Triste escarlata
miniatura|O escritor en 2016 no Museo de Pontevedra2016: Premio 'Narrador Estratega' de la ASCHI Café 'Trece Leguas', con Desagravio de la derrota. 2020: XXXIV Certame de Poesía en Lingua Galega Rosalía de Castro: segundo premio por O perigo de estar exhaustos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista en 2016
Entrevista en 2017
Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Alumnos da Universidade Nacional de Educación a Distancia