Esta é unha lista das catástrofes naturais que aconteceron durante o ano 2019.
Catástrofes naturais por países
Paísmortosferidosdesprazadosdesaparecidos1570016544400039140038000230006000
Catástrofes naturais por continentes
ContinenteMortosFeridosDesprazadosDesaparecidosAmérica14400248Asia23000
Catástrofes naturais por mes
Xaneiro
Finais de xaneiro : Unha situación de frío extremo afectou a finais de xaneiro ao medio oeste dos Estados Unidos de América, a cal deixou ao menos 21 vítimas mortais e decenas de hospitalizados por casos de hipotermia e gangrena.
25 de xaneiro : A ruptura dunha presa mineira na localidade de Brumadinho, no estado de Minas Gerais deixou polo menos 157 vítimas mortais. 165 seguen desaparecidas.
Febreiro
2 de febreiro : Un corremento de terras, provocado polas fortes choivas, nunha autoestrada que une A Paz e Caravani, concretamente na zona de Yungas deixou polo menos 8 vítimas mortais e decenas de feridos.
10 de febreiro : As inundacións, provocadas polas intensas choivas, que afectaron o norte do país, deixaron 6 mortos, centos de damnificados e máis de 2000 vivendas danadas.
19 de febreiro : As inundacións e os deslizamentos de terra, provocadas polas intensas choivas dende inicios de ano, en diversas localidades das rexións de Piura, Arequipa, Moquegua, Tacna e Puno, deixaron polo menos 39 vítimas mortais, 14 feridos e 8299 afectados.
20 de febreiro : As inundacións provocadas polas chuvias torrenciais en distintos lugares do país, deixou polo menos 23 vítimas mortais.|
Marzo
3 de marzo : Dous tornados afectaron a varias localidades do estado de Alabama, onde deixaron polo menos 23 vítimas mortais, 40 persoas feridas e un número descoñecido de desaparecidos. As autoridades non descartan que aumente o número de mortos e de feridos.
8 de marzo : As fortes choivas durante as últimas semanas no país, provocando inundacións e desprazamentos de terra, deixou polo menos 30 mortos, 19.939 familias afectadas e 6.657 damnificadas. Ademais de 19.058 hectáreas de cultivo quedaron danadas e 182 vivendas foron destruídas.
16-17 de marzo : As inundacións e derrubamentos de terra que afectaron a provincia de Papúa, deixou 92 vítimas mortais, 160 feridas, 75 desaparecidas e 8507 desprazadas.
23 de marzo , e : Ciclón Idai de 2019. Un ciclón, que responde o nome de Idai provocou múltiples inundacións debido as intensas choivas que afectaron ao sueste africano, deixando un total de 1007 mortos. O país máis damnificado foi Mozambique no cal o ciclón deixou o 90 % da cidade de Beira destruída ou danada, ademais de 603 vítimas mortais, 1400 feridos, 600000 desprazados, 17400 vivendas danadas ou destruídas, 385000 hectáreas de cultivos afectadas e 1800000 de afectados. O presidente mozambicano teme que o número de vítimas supera as mil, xa que aínda non se puido acceder as zonas máis afectadas. En Cimbabue, que lle afectou o ciclón, dende o 16 de marzo, deixou polo menos 344 mortos, 200 feridos e 250.000 afectados. As localidades máis afectadas son Chimanimani e Chipinge. En Malawi, foi o primeiro país afectado por este ciclón, deixou polo menos 60 vítimas mortais, máis de 600 feridos, 94000 desprazados e 840000 afectados. As localidades máis afectadas deste último país son Chiwawa e Nsanje.
Outubro 4 outubro-Actualidade : Tifón Hagibis. O tifón Hagibis afectou a varias zonas do Xapón, clasificado como o peor tifón dos últimos 60 anos no Xapón, deixando ata o día do 13 de outubro de 2019, polo menos 77 vítimas mortais, 9 desaparecidas e máis de 100 persoas feridas. Ademais o goberno xaponés fixo advertencias de evacuación a máis de 6 millóns de persoas; 376.000 fogares están sen electricidade e outros 14.000 sen auga potable.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de terremotos en 2019
Categoría:2019 Categoría:Catástrofes naturais Categoría:Listas de historia