Osei Tutu II, nado en Kumasi o 6 de maio de 1950 é o dezaseisavo Asantehene, o gobernante tradicional do Reino de Ashanti en Ghana dende o 26 de abril de 1999. Otumfuo Osei Tutu II é un descendente directo do fundador do Imperio de Ashanti, Otumfuo Osei Tutu I.
Traxectoria Naceu o 6 de maio de 1950, sendo o máis novo dos cinco fillos de Nana Afia Kobi Serwaa Ampem II, Asantehemaa (raíña nai dos Ashanti). O seu pai, Nana Kwame Boakye-Dankwa, era de Kantinkyere en Ashanti e foi Duque Brehyia de Asante. Nana Kwame Boakye-Dankwa morreu o 1 de xaneiro de 2002, en Kumasi, Ashanti.
Osei Tutu tivo seis fillos. O seu pai tivo outros fillos doutros matrimonios, incluíndo a Yaw Boateng, Kwaku Duah, Kwabena Agyei-Bohyen, Afua Sarpong e Ama Agyemang (Kumasi, Ashanti), Fredua Agyeman Prempeh, Nana Kwasi Agyemang Prempeh e Nana Kwasi Boachie Gyambibi (Kumasi, Ashanti).
O nome de Asantehene Osei Tutu II concedido ó nacer, Nana Barima Kwaku Duah, é o nome do avó paterno do emperador Asante.
Notas
Categoría:Nados en 1950 Categoría:Nados en Kumasi