O Pontevedra Club de Fútbol é un club de fútbol da cidade de Pontevedra. Foi fundado en 1941 e milita na Primeira Federación.
A etapa de maior éxito do club foron as 6 tempadas que o equipo xogou en Primeira División entre 1963 e 1970. Actualmente ocupa o 45º posto na clasificación histórica de Primeira. Durante estas tempadas acadou un 7º posto na tempada 1965/66 e chegou a xogar 5 tempadas consecutivas na categoría. Tamén xogou 9 tempadas en Segunda, 35 en Segunda B e 29 en Terceira.
Mantén historicamente unha gran rivalidade co Celta de Vigo, equipo da cidade veciña.
Historia Orixes En 1905 fundouse o Pontevedra Sporting Club. Inicialmente xogaba na Xunqueira e adestraba na praza de touros, e posteriormente trasladouse a Campolongo. Neste equipo comezou Luis Otero. Co tempo fundouse o Club Deportivo Pontevedra, no que xogou Pasarín. Os dous equipos, que compartían campo, uníronse en 1918 co nome de Pontevedra Athletic Club, mudándose ao campo de Pasarón. Catro anos despois trasladáronse a un novo campo a carón do Hospital Provincial. En 1922 fundouse o Eiriña CF, campión de Galicia de afeccionados en 1933 e 1934, e campión da Copa Galicia de 1936. O seu uniforme era camisola amarela e negra e e pantalón negro. Na década de 1920 fundouse tamén o Alfonso XIII FC.
Trala guerra civil retomáronse as actividades deportivas. O Pontevedra Club de Fútbol fundouse o 16 de outubro de 1941 trala unión dos dous clubs máis importantes daquela época da cidade, o Eiriña e o Alfonso CF. O seu primeiro presidente foi Fernando Ponte Conde. O primeiro partido foi un amigábel contra Celta de Vigo o 28 de decembro de 1941, no campo de Pasarón, que rematou con empate a tres goles. Polo Pontevedra xogaron Domínguez, Ruibal, Hermida, Calviño, Quico II, Ernesto, Pinocho, Foro, Corbacho, Besada (que marcou o primeiro gol) e Iglesias.
Competicións oficiais O Pontevedra solicitou participar no Campionato Galego de Afeccionados. Debutou o 22 de febreiro de 1942 contra o Santiago de Compostela, perdendo por 1 a 0. O primeiro partido oficial en Pasarón tivo lugar o 1 de marzo contra o Celta B, con empate a 1. Logo de 6 partidos, o equipo granate proclámase campión do grupo sur, disputando a final contra o Galicia de Ferrol. Os pontevedreses gañaron o campionato tras vencer 3-0 en Pasarón e perder 2-1 no Inferniño. Esta vitoria deulle a posibilidade de disputar o Campionato de España de Afeccionados, perdendo en cuartos de final contra o Mediodía de Madrid.
Comezou a tempada 1942-43 na Serie A Rexional, e proclamouse de novo campión galego de afeccionados, doutra volta contra o Galicia de Ferrol. No campionato de España foi eliminado contra o Sama de Langreo.
En 1943 o equipo comezou en terceira división, e malia que quedou campión varios anos (1947 e 1948) e xogou a promoción de ascenso en varias ocasións, mantívose nesta categoría até 1957, cando descendeu á categoría rexional. Ao ano seguinte ascendeu tras quedar campión, e na tempada 1959-60, con Cuqui Bienzobas no banco, o equipo acadou o ascenso a Segunda División, tras unha promoción contra o Burgos CF e logo dun partido de desempate en León, con gol de Guillermo na prórroga. (2015): Filgueira Valverde. Crónica de una alcaldía (1959-1968), Concello de Pontevedra e Faro de Vigo, D.L.: PO 314-2015 .
En 1961 produciuse o debut na Copa do Xeneralísmo, perdendo na primeira eliminatoria contra o Castellón. En 1963 o equipo adestrado por Rafa Yunta resultou campión da segunda división, acadando o ascenso á máxima categoría.
O debut do equipo na Primeira división foi na tempada 1963-64. A época dourada na primeira división é coñecida como a do Hai Que Roelo, debido á dificultade que tiñan os equipos rivais para gañar ós granates no campo de Pasarón.
dereita|miniatura|Equipo inicial no Trofeo Cidade de Pontevedra 2009. dereita|miniatura|Encontro de liga da segunda división B 2016/17 entre o Pontevedra CF e o Racing de Santander.
Despois do descenso da primeira división iníciase unha etapa irregular, na que chega a descender a terceira. Na tempada 1983-84 leva por primeira vez publicidade nas camisolas, estando patrocinado pola Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra. Na tempada 1984-85 quedou subcampión da Copa da Liga de España de Segunda División B, perdendo na final contra o Sestao SC. O 5 de xuño de 1985 foi elixido presidente Luís Emilio Batallán.
Tras moitos anos en segunda B, acadou o ascenso a segunda na tempada 2003-04, adestrado por José Aurelio Gay, se ben non foi quen de manter a categoría.
O 23 de xaneiro de 2007 o club conseguiu culminar con éxito o proceso de transformación voluntaria en Sociedade Anónima Deportiva, en boa parte pola mediación do seu presidente, Nino Mirón, que se fixo co 52 % das accións do club no último momento. Nese mesmo ano gañou a Copa Federación tras impoñerse na final ao Mallorca B.
Na tempada 2010–11 sufriu unha fonda crise económica. Trala destitución a mediados de outubro de Ángel Viadero, Fernando Castro Santos ofreceuse para adestrar o equipo de balde. En decembro, os xogadores ameazaron á directiva con ir á folga logo de catro meses sen cobraren."Crujeiras non cumpre e os xogadores do Pontevedra C.F. irán á folga", Diario de Pontevedra, 15 de decembro de 2010. O 5 de xaneiro de 2011 mudou a xunta directiva, quedando como presidente do club o empresario Mauricio Rodríguez Boullosa."O Pontevedra C.F. alcanza un acordo histórico", artigo de Xaime Nogueira no Diario de Pontevedra, 5 de xaneiro de 2011. O 5 de maio materializou o descenso matemático a Terceira División tras unha tempada moi irregular, a falta dun partido.
Na tempada 2011–12 de Terceira División acabou no cuarto posto, clasificándose para xogar a fase de ascenso a Segunda División B. Con todo, foi eliminado polo Espanyol B na primeira rolda e non conseguiu subir de categoría. Na tempada seguinte non conseguiu clasificarse para a fase de ascenso, ao rematar na 5ª posición. O 26 de xuño de 2013 Mauricio Rodríguez deixou a presidencia, ocupándoa José Manuel Fernández en funcións. O 7 de xullo de 2014 pasou a ser presidenta do equipo a empresaria Lupe Murillo"Lupe Murillo releva a José Manuel Fernández no Consello e a Presidencia do Pontevedra" , artigo en Pontevedra Viva, 8 de xullo de 2014.. thumb|Partido disputado entre o Deportivo da Coruña e o Pontevedra. En abril de 2018 gañaron a súa segunda Copa Federación tras vencer na final ao Ontinyent Club de Futbol"Campións! O Pontevedra fai valer a renda e conquista a súa segunda Copa Federación ante Ontinyent (0-0)", Pontevedra Viva, 12 de abril de 2018. thumb|Seareiros do Pontevedra.
Trofeos de verán Desde 1959 o equipo organiza o Trofeo Luis Otero, lembrando ao futbolista pontevedrés Luis Otero Sánchez, que chegou a ser olímpico en Anveres en 1920, e disputa dende 1967 o Trofeo Cidade de Pontevedra, organizado polo concello.
En 1984 instaurouse o Trofeo Deputación, que non tivo continuidade e entre 1993 e 2004 xogou o Trofeo Memorial Héctor Rial, en homenaxe ao histórico adestrador do club, Héctor Rial.
Escudo O escudo oficial do club consiste nunha fusión do escudo da cidade, unha ponte ameada, e un balón. Entre estes dous elementos atópase unha banda coa palabra "Pontevedra" inscrita nela, mentres que no interior do balón pódense ler as letras C e F.
Uniforme O uniforme histórico do Pontevedra CF é camiseta granate, pantalón azul e medias granates. Inicialmente o pantalón era branco, mudándose polo azul en 1956 por problemas de lavandería. Tamén houbo outras variacións ao longo da historia, como o uso de medias azuis ou ata dunha camiseta a raias azuis e granates.
Os uniformes para a tempada 2010/11 son: Uniforme titular: Camiseta granate con detalles dourados, pantalón azul e medias granates. Uniforme alternativo: Camiseta gris con detalles dourados, pantalón gris e medias azuis.
Actualmente, a súa marca é Bemiser e o seu patrocinador é Deputación de Pontevedra.
Himno O himno do Pontevedra CF está na súa maior parte en lingua castelá, se ben inclúe como retrouso unha cantiga popular galegaHimno do Pontevedra en YouTube.:
Pontevedra boa vila,dá de beber a quen pasa a fonte na FerreríaSan Bartolomé na praza.
Mascota A mascota actual é Roelio, unha especie de óso andante vestido co uniforme titular do equipo. Esta mascota é unha homenaxe ó alcume do equipo na época en que estaba en primeira división, o Hai que Roelo.
Estadio miniatura|Estadio Municipal de Pasarón de Pontevedra.
O Pontevedra xoga os seus partidos no Estadio Municipal de Pasarón, que foi inaugurado en 1965. As súas medidas son 105 x 66 metros. Albergaba 16.500 persoas, e logo dun proceso de reformas que acabaron en maio de 2010, caben 12.000. O estadio xa fóra reformado en 1982 co gallo da Copa do Mundo.
dereita|miniatura|200px|Furgoneta propiedade do club.
Datos do club Tempadas en 1ª: 6 Tempadas en 2ª: 9 Tempadas en 1ª RFEF: 1 Tempadas en 2ª RFEF / 2ª B: 39 Tempadas en 3ª: 26 Mellor posto na liga: 7º (1ª división tempada 1965-66) Clasificación histórica de Primeira (segundo a LFP): 45º
Datos do club en Primeira división Debut en liga: 1963-64 Primeiro partido en liga: Pontevedra 1-1 Zaragoza (15 de setembro de 1963) Primeira vitoria en liga: Pontevedra 4-1 Oviedo (13 de outubro de 1963) Partidos xogados: 180 Gañados: 53 Empatados: 44 Perdidos: 83 Goles a favor: 165 Goles en contra: 221 Puntos: 150 Mellor posto: 7º (tempada 1965-66) Peor posto: 16º (tempada 1969-70)
Historial TempadaCategoríaPostoCopa do Rei1941/421942/43Serie A 10px|ascenso|link=1943/443ª4º2ª elim. previa1944/453ª6º1945/463ª3º1946/473ª1º1947/483ª1º4ª rolda1948/493ª8º3ª rolda1949/503ª9º1950/513ª9º1951/523ª5º1952/533ª12º1953/543ª12º1954/553ª2º1955/563ª6º1956/573ª 15º 10px|descenso|link= 1957/58Serie A / 10px|ascenso|link=1958/593ª9º1959/603ª 1º 10px|ascenso|link=1960/612ª5º1ª rolda1961/622ª9º1/16 de final1962/632ª 1º 10px|ascenso|link=1ª rolda1963/641ª 15º 10px|descenso|link=1/8 de final1964/652ª 1º 10px|ascenso|link=1/4 de final1965/661ª7º1/16 de final1966/671ª10º1/4 de final1967/681ª8º1/8 de final1968/691ª12º1/8 de finalTempadaCategoríaPostoCopa do Rei1969/701ª 16º 10px|descenso|link=1/8 de final1970/712ª10º1/16 de final1971/722ª11º1/8 de final1972/732ª 18º 10px|descenso|link=4ª rolda1973/743ª3º2ª rolda1974/753ª7º2ª rolda1975/763ª 1º 10px|ascenso|link=2ª rolda1976/772ª 17º 10px|descenso|link=3ª rolda1977/782ªB7º1ª rolda1978/792ªB16º1ª rolda1979/802ªB13º3ª rolda1980/812ªB 18º 10px|descenso|link=1981/823ª1º1982/833ª1º2ª rolda1983/843ª 1º 10px|ascenso|link=1ª rolda1984/852ªB7º2ª rolda1985/862ªB9º1ª rolda1986/872ªB6º1987/882ªB5º2ª rolda1988/892ªB6º1ª rolda1989/902ªB10º1990/912ªB14º3ª rolda1991/922ªB9º2ª rolda1992/932ªB13º2ª rolda1993/942ªB5º2ª rolda1994/952ªB4º1995/962ªB12º1ª rolda1996/972ªB9ºTempadaCategoríaPostoCopa do Rei1997/982ªB10º1998/992ªB12º1999/002ªB7º2000/012ªB14º2001/022ªB4º2002/032ªB4ºRolda previa2003/042ªB 1º 10px|ascenso|link=1/32 de final2004/052ª 22º 10px|descenso|link=1/16 de final2005/062ªB2º2ª rolda2006/072ªB1º1ª rolda2007/082ªB2º1/16 de final2008/092ªB12º1ª rolda2009/102ªB4º2010/112ªB 18º 10px|descenso|link=1ª rolda2011/123ª4º2012/133ª5º2013/143ª4º2014/153ª 1º 10px|ascenso|link=2015/162ªB9º1ª rolda2016/172ªB4º2017/182ªB14º1ª rolda2018/192ªB6º2019/202ªB9º1ª rolda2020/212ªB7º1/32 de final2021/222ª RFEF1º2022/231ª RFEF 19º 10px|descenso|link=1/162023/242ª RFEF2º2024/252ª RFEF 1º 10px|ascenso|link=1/8 de final2025/261ª RFEF6º2ª rolda
Xogadores históricos Manuel Canabal Fran Rico Changui Ignacio Martín-Esperanza David Bermudo David Casablanca Pablo Pinillos Óscar Téllez Ariel Montenegro Charles Alexandre Alves Renan de Mattos Yuri Néné Sergio Barila Stéphane Pignol Paco Bazán Sérgio Organista Edgardo Adinolfi Jonay Hernández José Manuel Rey Cortegoso