María Teresa Cancelo Márquez, coñecida como Maite Cancelo, nada en Barcelona o 30 de setembro de 1966, é unha economista e política galega do PPdG.

Traxectoria

Doutora en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela. É profesora de Economía Aplicada na USC. Foi decana da Facultade das Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago de Compostela (2007-2010). Foi directora xeral do Centro de Empresas e Innovación de Galicia. Foi concelleira en Santiago de Compostela en 2014 en substitución de Ángel Currás Fernández.Maite Cancelo sustituirá a Currás como concejala en el Concello de Santiago Foi candidata do PPdeG nas autonómicas de 2012 e o 22 de decembro de 2015 tomou posesión como deputada no Parlamento de Galicia para substituír a Marisol Piñeiro.

Notas

Véxase tamén Bibliografía 35 anos do Parlamento de Galicia

Categoría:Concelleiros de Santiago de Compostela Categoría:Concelleiros de Galicia polo PPdeG Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia

Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados en Barcelona

Categoría:Nados en 1966 Categoría:Deputados da IX Lexislatura do Parlamento de Galicia