Jairo Dorado Cadilla é un tradutor galego radicado en Alemaña.

Traxectoria É licenciado en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo dende 2002. É membro da asociación de tradutores ASETRAD.Ficha en translatorscafe.com Entre as súas linguas de traballo figuran, amais do galego e do castelán, o portugués, o alemán, o inglés ou o croata.

É coñecido polas súas traducións ao galego das literaturas da área lingüística balcánica. Entre outras, traduciu obras de autores como Ivo Andrić, Josip Mlakić ou Slavenka Drakulić.

Obra traducida ao galego Como se non existise, Slavenka Drakulić (Xerais, 2005) O tradutor cleptómano, Dezsö Kosztolányi (Rinoceronte, 2009) Unha tumba para Boris Davidovich: sete episodios dunha mesma historia, Danilo Kis (Rinoceronte, 2010) Götz e Meyer, David Albahari (Rinoceronte, 2010) A boca chea de terra, Branimir Scepanović (Rinoceronte, 2012) A ponte sobre o Drina, Ivo Andrić (Rinoceronte, 2012) O rei branco, György Dragomán (Rinoceronte, 2013)Obras en LG3. Cando levanten as brétemas, Josip Mlakić (Hugin e Munin, 2015) O gatiño nocturno, Sonja Danowski (Lata de Sal, 2017) Noventa anos despois, Milovan Glišić (Hugin e Munin, 2020) Mouros fóra!, Goran Vojnović (Rinoceronte, 2024) O caldeiro de ouro, E. T. A. Hoffmann (Hugin e Munin, 2025)

Notas

Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Tradutores do alemán Categoría:Tradutores do inglés Categoría:Tradutores ao castelán