miniatura|dereita|200px|Adhesivo representativo dos Siareiros galegos, neste caso concretamente dun grupo denominado Celtarras Siareir@s Galeg@s é un colectivo de apoio ás seleccións nacionais galegas que naceu no ano 2005, aínda que a súa actividade xa comezara a mediados da década dos 90.

Historia A súa andaina como colectivo deu inicio o 29 de decembro de 2005, sendo nesta data o primeiro partido oficial da Selección Galega de fútbol despois de 69 anos sen poder facelo. O partido foi un rotundo éxito, conseguindo rematar días antes coas entradas para o encontro contra o Uruguai no estadio compostelán de San Lázaro, onde o fondo sur foi ocupado por Siareiros Galegos. O Galiza - Uruguai foi retransmitido pola TVG, nunha chuviosa noite.

No 2006, a Selección Galega xogou o seu segundo partido da era moderna, contra Ecuador, o cal remataría 1-1. O partido foi xogado no estadio herculino de Riazor, ante unhas 25.000 persoas, que arrouparon á selección en todo momento. Tamén asistiron algúns membros da comunidade ecuatoriana en Galiza. Antes do partido, o colectivo Siareiros Galegos organizou unha manifestación a prol da oficialidade das seleccións deportivas galegas, que foi seguida por unhas 3.000 persoas, recorrendo as rúas máis céntricas da Coruña. Logo acudiría ao fondo do estadio de Riazor, enchendo o mesmo e creando un ambiente extraordinario.

O colectivo conta na actualidade con centos de socios por todo o país e organiza todo tipo de actividades cívicas relacionadas co deporte, así como concertos e coloquios.

miniatura|Partido Galiza-Kurdistán

Partidos reivindicativos organizados por Siareir@s Galeg@s (2009–2015)DataLugarEquipo LocalEquipo VisitanteResultado26-12-2009Santa Isabel, Santiago Galicia       Club Deportivo Paraguayo9 - 023-12-2010Os Remedios, Ourense Galicia Palestina6 - 323-12-2011Cacheiras, Teo Galicia Sáhara Occidental2 - 129-12-2012A Xunqueira, Pontevedra Galicia20px|border Kurdistán3 - 228-12-2013O Polvorín, Lugo Galicia Occitania1 - 7 26-12-2015Santa Isabel, Santiago Galicia Senegal1 - 0

Véxase tamén Outros artigos Galería de imaxes de deporte en Galicia Ligazóns externas Páxina web de Siareir@s Galeg@s Blog de Siareir@s Galeg@s

Categoría:Seareiros de fútbol Categoría:Selección de fútbol de Galicia