Braunschweig (en baixo alemán: Brunswiek) é unha cidade alemá situada no estado federado da Baixa Saxonia, onde é a segunda cidade máis poboada por tras de Hannover. Dividido polo río Oker o seu centro histórico alberga o castelo Dankwarderode e as esculturas coa heráldica de Henrique o León, como o león de bronce da praza da Catedral de St. Blasii, única estatua de bronce ao norte dos Alpes na súa época.
A cidade está situada a 67 km de Hannover e a 40 km de Wolfsburg.
Historia e características
Esta cidade da Baixa Saxonia foi o centro económico do Imperio en tempos da Revolución Industrial e foco económico e cultural durante o Renacemento onde se estrearon Fausto I de Goethe e a traxedia de Lessing Emilia Galotti.
Cidade ata o seu falecemento de Henrique o León. Foi el quen a introduce como socia da Liga Hanseática e isto elévaa a núcleo comercial europeo.
O río Oker era navegábel e selaba o tráfico de mercadorías dos ríos Aller e Weser, o comercio de Bremen e o do Mar do Norte. Braunschweig chega a ser unha das cidades máis poboadas ao norte das montañas do Harz e convértese en residencia dos güelfos, entre 1753 e 1754, ordéase a construción do palacio da cidade, actual Biblioteca Municipal, Arquivo e Instituto Cultural.
Esta foi a cidade do poeta Gotthold Ephraim Lessing atè a súa morte, autor de máis relevancia durante a Ilustración e influente na literatura alemá.
A cidade conta cun estadio de baloncesto, o Volkswagen Halle, sede do equipo local Basketball Löwen Braunschweig, competidor da Bundesliga desde o ano 2000.
Cidades irmás
Bandung, Indonesia Nîmes, Francia Bath, Reino Unido Qiryat Tivon, Israel Magdeburg, Alemaña Kazán, Rusia Omaha, Estados Unidos Zhuhai, China
Imaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial de Braunschweig .
Categoría:Cidades de Baixa Saxonia