Os pandiónidos (Pandionidae) constitúen unha familia de aves que comprende un único xénero, Pandion, as aguias peixeiras. En Galicia vive a especie Pandion haliaetus.Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.Dicionario Digalego aguia > aguia peixeira A maioría dos tratamentos taxonómicos consideran que neste xénero hai unha soa especie (P. haliaetus), dividida en subespecies, mentres que outros tratamentos recoñecen dúas especies actuais.

Por exemplo, unha das subespecies estaría formada polas poboacións que viven nas costas e illas de Australia, Indonesia e sueste asiático, que se denominou Pandion haliaetus cristatus, pero para outros esta subespecie constitúe a especie separada Pandion cristatus.Wink, M.; Sauer-Gürth, H.; Witt, H.H. (2004). "Phylogenetic differentiation of the Osprey Pandion haliaetus inferred from nucleotide sequences of the mitochondrial cytochrome b gene" (PDF). In Chancellor, R.D.; Meyburg, B.-U. Raptors Worldwide. Berlin: World Working Group on Birds of Prey and Owls. pp. 511–516. ISBN 963-86418-1-9."Species Pandion cristatus (Vieillot, 1816)". Australian Faunal Directory. Australian Government. Retrieved 5 December 2018.

Especies existentes: Pandion haliaetus, osprey, western osprey. Pandion cristatus, osprey, eastern osprey. Especies extintas: Pandion homalopteron Warter 1976 Pandion lovensis Becker 1985

O xénero Pandion, único da familia, foi descrito polo zoólogo francés Marie Jules César Savigny en 1809,Graves, R. (1955). "The Sons of Pandion". Greek Myths. London: Penguin. pp. 320–323. ISBN 0-14-001026-2. e deulle ese nome polo personaxe da mitoloxía grega Pandion. Algunhas clasificacións situárono, xunto coas aguias, na familia Accipitridae da orde Accipitriformes, e outras, xunto cos falcóns, na familia Falconidae, da orde Falconiformes, e agora está nunha familia propia. A taxonomía de Sibley-Ahlquist situounos xunto con outras aves de presa diúrnas na orde ampliada Ciconiiformes, pero isto viuse que era unha clasificación parafilética non natural.Salzman, Eric (1993). "Sibley's Classification of Birds" . Birding. 58 (2): 91–98. Retrieved 5 September 2007.

Notas

Categoría:Pandiónidos