miniatura|Luisa Marcos Raña Luisa Marcos Raña, nada na Coruña o 27 de setembro de 1917 e finada en Vigo o 17 de agosto de 1973, foi unha catedrática pioneira en España na especialidade de Física, Química e Termotécnica das Escolas de Peritos Industriais (posteriormente de Enxeñaría Técnica Industrial).
Traxectoria Despois de terminar brillantemente o bacharelato, matriculouse no ano 1934 en Ciencias Químicas na Universidade de Santiago de Compostela. O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 e a posterior guerra carrexou o peche dos estudos que podería finalmente renovar en outubro de 1939, terminando a súa carreira en 1940 logo de dous cursos intensivos.Universidade de Santiago. Expediente persoal Cartapacio 784
Ensinar foi a súa vocación á que se dedicou desde o inicio da súa carreira profesional. A finais de 1941 obtivo por concurso o cargo de Encargado de Curso de Física e Química do Instituto Feminino de Ensino da Coruña,BOE de 22 de novembro de 1941 e despois, a finais de 1942 o do curso de Matemáticas no Instituto de Ensino de Linares.BOE de 5 de novembro de 1942
Ao mesmo tempo empezou a preparar oposicións, primeiro a institutos, e máis tarde e con máis dedicación a cátedras de ensino técnico de grao medio, en particular para as Escolas de Peritos Industriais na súa área de coñecemento. Tras ser eliminada inesperadamente nas oposicións realizadas en 1945 para a praza de Vigo (dous votos contra 3 en segunda votación),AGA 32,17195 presentouse de novo á seguinte chamada, no ano 1947, obtendo con número 1 a cátedra de "Física, Química e Termotecnia" na Escola de Peritos Industriais de Cádiz,AGA_TOPOGRÁFICO.32.58.69 LEG 18549. onde exercería o seu ensino ata o final de 1948 cando por concurso foi transferida á Escola de Vigo.
Casou co tamén catedrático Antonio Fernández del Riego, con quen tería catro fillos, e xa permanecería en Vigo toda a súa vida. En 1963, despois de concurso de méritos e dunha proba de aptitude obtivo tamén praza de profesor agregado en Ciencias da Escola de Mestría Industrial de Vigo.BOE de 24 de abril de 1963
En 1972, a Escola de Enxeñería Técnica Industrial integrouse na Universidade de Santiago de Compostela co nome de Escola Universitaria de Enxeñería Industrial de Vigo.BOE de 7 de junio de 1972 Será o penúltimo ano en que Luisa poida transmitir os seus ensinos.
Deixou mais de 25 promocións de estudantes preparadas para o desenvolvemento profesional de actividades técnicas.
Recoñecementos En 1968 foi nomeada madriña da última promoción de Peritos, que pasarían a seren renomeados Enxeñeiros Industriais.Faro de Vigo de 18 a 24 de xaneiro de 1968 / Pueblo Gallego de 24 de xaneiro de 1968 Aqueles días no Faro de Vigo, Xohán na sección “Buzón del Estudiante” do 18 de xaneiro, escribiu: "Eles escolleron como dama de honor de todas as promocións a posiblemente a máis representativa de todo o profesorado da escola, polo que representa, hoxe, unha muller encargada dunha cátedra; guía das aspiracións femininas do noso tempo: Dona María Luisa Marcos de Del Riego".
Notas
Véxase tamén Bibliografía Blanco, Isabel (2021). Galegas na ciencia . Editorial Belagua. Ilustracións de María Lapido. ISBN 978-84-12-14336-2. Outros artigos Historia das mulleres na enxeñaría
Categoría:Científicos de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1917 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Finados en 1973 Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela