Pedro Benito Antonio Quevedo e Quintano, nado en Villanueva del Fresno, Badaxoz, o 12 de xaneiro de 1736 e finado en Ourense o 28 de marzo de 1818, foi un eclesiástico e político español.
Traxectoria De familia fidalga, un dos seus bisavós foi o militar galego Pedro Mariño de Camba Sotomayor y Ulloa. Cursou os seus primeiros estudos cos xesuítas de Badaxoz. Licenciouse en Teoloxía no Seminario Diocesano de Ávila e doutorouse na Universidade de Salamanca (1766).
Nomeado bispo en 1776, foi fundador do Seminario de Ourense en 1803, e un dos cinco elixidos para participar no Consello de Rexencia que fixo as funcións da Xunta Suprema Central durante a Guerra da Independencia. Foi nomeado Inquisidor xeneral ata a disolución do Santo Oficio polas Cortes de Cádiz, onde se mostrou reticente a recoñecer que a soberanía nacional recaese nas propias Cortes, negándose a xurar a Constitución de 1812 polo que foi desterrado. En 1816 o Papa Pío VII nomeouno cardeal.
O seu sepulcro na Catedral de Ourense foi realizado polo escultor Antoni Solà.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
, Manuel (1908). El obispo de Orense D. Pedro Quevedo y Quintano como patriota y como político. , Vicente. "Pedro Benito Antonio de Quevedo y Quintano" Diccionario Biográfico Español. RAH .
Ligazóns externas
Retrato de Pedro de Quevedo e Quintano en Retratos de Españoles ilustres, 1791 . "Fundación y Establecimiento del Seminario Conciliar de San Fernando" Bispado de Ourense .
Categoría:Bispos da diocese de Ourense Categoría:Nados na provincia de Badaxoz Categoría:Guerra da Independencia española Categoría:Cardeais creados por Pío VII Categoría:Alumnos da Universidade de Salamanca Categoría:Nados en 1736 Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Finados en 1818 Categoría:Españois de ascendencia galega