O Solar wind Magnetosphere Ionosphere Link Explorer (Explorador da relación entre o vento solar e a ionosfera, SMILE) é un proxecto conxunto entre a Axencia Espacial Europea e a Administración Espacial Nacional Chinesa para explorar o vento solar e a súa interacción co campo magnético terrestre, no marco da conexión Sol-Terra.
Características
Smile é a segunda colaboración ESA - China, despois da primeira, a misión Double Star. Para preparar o a proxecto houbo dúas xuntanzas previas, unha en Europa e outra na China. O proxecto contemplaba un vehículo de 2200 kg lanzado por unha lanzadeira Vega-C ou Ariane 6-2 (ambos, modelos da ESA) no 2023, para ser situada nunha órbita elíptica moi inclinada arredor da Terra, cun semieixo maior duns 127 000 km e semieixo menor de 11 000 km, executando unha volta cada 51 horas. A previsión de descarga de datos era cara ás estacións terrestres da ESA na Antártida e da Academia China de Ciencias en Sanya, China.
A carga científica consiste en catro instrumentos: europeo (o construtor de imaxes de campo amplo de raios X débiles -wide-field Soft X-ray Imager, SXI-), canadense (construtor de imaxes Ultra-Violet -UVI-) e dous chineses (analizador de luz e ións -Light Ion Analyser, LIA e magnetómetro -MAG-).
O Centro Nacional de Ciencia Espacial Chinés (National Space Science Center -NSSC/CAS-) é o reponsable da plataforma de lanzamento, o testeo da nave e operacións de misión e ciencia. A plataforma construíuna en Shanghai a Academia de Innovación en Microsatélites (IAMC/CAS).
Historia O 19 de maio de 2026 tivo lugar o lanzamento dende a base da ESA na Güiana Francesa a bordo dun Vega-C. Segundo o previsto, o 20 de xuño de 2026 acadou a súa órbita final despois de 12 aumentos de tamaño (11 de apoxeo e un de perixeo) da órbita elíptica de 120 920 km de apoxeo sobre o polo Norte para recoller datos da burbulla magnética que arrodea a Terra e das auroras boreais e 5027 km de perixeo sobre o polo Sur, para transmitir os datos a Terra. Réstanlle 164 kg de propelente para manobras sucesivas que sexan necesarias.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Magnetómetro Heliofísica Programas de misións da ESA
Ligazóns externas SMILE, na web da Axencia Espacial Europea. SMILE, na web daAcademia Chinesa de Ciencias.
Categoría:Astronáutica Categoría:Astronomía observacional Categoría:Axencia Espacial Europea