Héctor Bellerín Moruno, nado en Barcelona o 19 de marzo de 1995, é un futbolista catalán que xoga como lateral dereito. Dende a tempada 2022-2023 xoga no FC Barcelona. Previamente integrara os equipos británicos do Arsenal da Premier League e do Watford F.C. en Inglaterra, e do Real Betis Balompié.

É internacional absoluto coa dende 2016, coa que foi convocado para a Eurocopa 2016. Previamente, pasou polas categorías inferiores da selección nacional, proclamándose subcampión de Europa sub-21 en 2017.

Traxectoria Nado en Barcelona, Bellerín comezou a súa carreira futbolística no colexio Jesús María de Badalona. En 2003 pasou ao prebenxamín do Barcelona, pasando por todas as categorías do fútbol formativo do Barça até Cadete. No verán de 2011, con 16 anos, trasladouse ás categorías inferiores do Arsenal. Asinou o seu primeiro contrato profesional co club en xullo de 2013, facendo o seu debut en competición o 25 de setembro de 2013 ante o West Bromwich, ingresando como substituto de Mikel Arteta no 95'. O 22 de novembro de 2013, anunciouse a súa cesión ao Watford, retornando ao Arsenal o 18 de febreiro de 2014, onde milita desde entón.

Polas lesións de Mathieu Debuchy, Calum Chambers e Nacho Monreal, Bellerín debutou na liga de Campións o 16 de setembro de 2014 na derrota de visita por 2-0 ante o Borussia Dortmund.

O seu primeiro gol co Arsenal foi o 1 de febreiro de 2015, na vitoria por 5-0 ante o Aston Vila. En 2016 asinou unha renovación de contrato co club ata 2022. En 2019, sufriu unha lesión ao romper o ligamento cruzado nun encontro da Premier contra o Chelsea.

Durante a temporada 2021-2022 foi cedido polo equipo londiniense ao Real Betis, club co que gañou a Copa do Rei. En setembro de 2022 o F.C. Barcelona anunciou a contratación de Ballerín ata o 30 de xuño de 2023 cunha cláusula de rescisión de 50 millóns de euros.

Selección nacional Foi internacional nas categorías da selección española dende sub-16 até sub-21. En 2016 foi chamado por primeira vez coa como xogador de apoio aos seleccionados para a Eurocopa 2016. Debutou, así, ante nun amigable que finalizou 3-1 para España. Finalmente, Vicente del Bosque decidiu integralo na convocatoria definitiva debido á lesión de Carvajal.

Participacións en Europa CopaSedeResultadoCampionato de Europa Sub-19 da UEFA 2013SemifinalistaCampionato Europeo da UEFA Sub-19 2015CampiónEurocopa Sub-21 de 2017FinalEurocopa 2016Oitavos de Final

Partidos Internacionais Actualizado até o 7 de xuño de 2016. Partidos e goles internacionais#DataCidadeLocalResultadoVisitaCompetición2016129 de maioSankt Gallen3 - 1Amigable21 de xuñoWals-Siezenheim6 - 1Amigable37 de xuñoXetafe0 - 1Amigable

Clubs ClubPaísAnoArsenal F. C.Inglaterra 2013 - actualidadeWatford F. C. (cedido)Inglaterra 2013 - 2014

Estatísticas

Clubs Actualizado ao 19 de xaneiro de 2019. ClubDiv.TempadaLigaFA CupLeague CupEuropaOutrasTotalPart.GolesPart.GolesPart.GolesPart.GolesPart.GolesPart.GolesArsenal1.ª2013-140000100000102014-15202301040002822015-16361100060104412016-17331400050004212017-18352003081104732018-1919000000000190Total club14368050231201817Walford (cedido)2.ª2013-14800000 - -0080Total club800000--0080Total carreira15168050231201897

Internacional Actualizado ao 3 de novembro de 2018. Selección de EspañaAnoP JGoles201630Total30

Palmarés TítuloClubPaísAnoFA CupArsenal 2015Community ShieldArsenal 2015FA CupArsenal 2017Community ShieldArsenal 2017

Vida persoal Bellerín fíxose vegano en 2017, dieta que atribúe a unha mellora na súa saúde.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha oficial de Héctor Bellerín en Arsenal.com Ficha oficial de Héctor Bellerín en SEFutbol.com

Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1995 Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Xogadores do Watford FC Categoría:Xogadores do Arsenal FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España