Longinos Rodríguez de la Iglesia, nado en Muñogrande (Ávila) o 16 de agosto de 1897 e finado en 1936, foi un mestre español.

Traxectoria Foi mestre da Allonca (A Fonsagrada) dende 1916,El Noticiero Gallego, 4-10-1916, p. 2. e vogal da asociación de mestres do partido da Fonsagrada.La Voz de la Verdad, 20-7-1917, p. 2. Durante a República foi mestre no Regueiro (Boborás). Era socio da Casa del Maestro.El Noticiero Gallego, 11-5-1936, p. 2. Participou no mitin organizado por Izquierda Republicana no Regueiro nas eleccións de febreiro de 1936.El Pueblo Gallego, 5-2-1936, p. 4. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi paseado. En 1937 iniciouse o seu proceso de depuración do maxisterio, decretándose a súa separación definitiva e baixa na escala en 1940.La Región, 8-5-1940, p. 2.

Notas

Categoría:Profesores de España Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados na provincia de Ávila Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes