Benjamin Jacques Marcel Pavard, nado o 28 de marzo de 1996 en Maubeuge, é un futbolista francés. Xoga de defensa para o FC Bayern München da Bundesliga. Ademais, é internacional coa selección francesa.

Traxectoria Pavard chegou ás categorías inferiores do Lille OSC con tan só nove anos. Debutou na Ligue 1 co primeiro equipo do Lille o 31 de xaneiro de 2015, no empate a un contra o FC Nantes.

O 30 de agosto de 2016, Pavard fichou polo VfB Stuttgart da 2. Bundesliga, asinando co equipo alemán un contrato por catro anos. Na súa primeira tempada xogou 21 partidos e axudou ó Stuttgart a gañar a liga e ascender á Bundesliga. Debutou na Bundesliga o 19 de agosto de 2017, na derrota do Stuttgart por 2-0 contra o Hertha BSC.

O 9 de xaneiro de 2019, o FC Bayern München fixo oficial a fichaxe de Pavard para a tempada 2019-20, asinando un contrato co club alemán ata xuño de 2024.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil na Federación Francesa Perfil en UEFA.com

Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados no departamento do Norte Categoría:Futbolistas de Francia Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Lille OSC Categoría:Xogadores do VfB Stuttgart Categoría:Xogadores do FC Bayern München Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Francia Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Futbolistas gañadores do Mundial Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2022 Categoría:Xogadores da Eurocopa de Fútbol de 2024