Tetrastes sewerzowi, é unha especie de ave da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos, unha das dúas que compoñen o xénero Tetrastes.

Características Cercanamente emparentado co grévol común (Tetrastes bonasia) ten unha aparencia moi similar a este. As partes superiores e o peito son de cor castaña intensamente veadas en negro e branco, e as inferiores son brancas con pencas negras. A garganta é negra, e está enmarcada cunha lista branca. Tamén ten unha lista branca postocular. Os machos presentan unha pequena carúncula vermella sobre os ollos. Diferénciase unicamente do grévol común en ter máis pencas negras nas partes superiores e ter unha cor máis castaña no peito; ademais, o patrón de franxas da cola é diferente.

Hábitat e distribución É unha especie sedentaria vive nos montes do oeste da China: (Gansu, leste do Tíbet, noroeste de Yunnan e norte de Sichuan),Chinese Grouse. Tetrastes sewerzowi Przevalski, 1876 en Avibase. en bosques de coníferas e mixtos.

Taxonomía Descrición A especie foi definida en 1876 polo naturalista ruso Nikolai Przewalski,Tetrastes sewerzowi Prjevalsky, 1876 no ITIS.

Sinónimo Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polo sinónimo:Tetrastes sewerzowi Prjevalsky, 1876 no ITIS. Bonasa sewerzowi (Prjevalsky, 1876)

Subespecies Recoñécense, dentro da especie, dúas subespecies: Tetrastes sewerzowi secundus Riley, 1925 Tetrastes sewerzowi sewerzowi Prjevalski, 1876

Nomes comúns Na bibliografía internacional coñécese como grévol chinés (debido á súa principal área de dispersión) ou grévol de Severtzov, xa que o seu descritor dedicoulle a especie ao seu compatriota o explorador e naturalista ruso Nikolai Alekséievich Sévertsov.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A. & Fishpool, L. D. C. (2014): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 1: Non-passerines. Barcelona: Lynx Edicions / Cambridge, UK: BirdLife International. ISBN 978-84-9655-394-1.

Outros artigos Galiformes Fasiánidos Tetraoninos Tetrastes

Ligazóns externas Tetrastes sewerzowi na ADW. Black Breasted Hazel Grouse. Tetrastes sewerzowi Przewalski 1876 na EOL. Imaxes e vídeos do grévol chinés (Bonasa sewerzowi) en ARKive. BirdLife Species Factsheet

Categoría:Fasiánidos Categoría:Animais descritos en 1876 Categoría:Aves de Asia