Solar Orbiter é unha misión conxunta da NASA e a ESA para o estudo do Sol, elixida en 2011 como primeira misión de Cosmic Vision. miniatura|Esquema amosando as perspectivas do Sol dende a Terra e o Solar Orbiter.
A nave foi lanzada o 10 de febreiro de 2020 a bordo dun foguete Atlas 5.
O obxectivo da misión é o estudo próximo da física solar e heliosférica, facendo observacións do Sol dende unha órbita única a 42 millóns de km do Sol que permite estudalo, xunto coa súa coroa cun nivel de detalle nunca acadado, obtendo imaxes de alta resolución das rexións polares. Máis polo miúdo, pretende chegar a claves sobre o desenvolvemento dos planetas e a emerxencia da vida a través de como traballa o sistema solar, as orixes do Universo e a física fundamental que mantén o funcionamento a dito nivel.
Solar Orbiter sufriu diversas probas de funcionamento, incluído o test de temperatura de 107 °C (no caso da cuberta protectora, levouse a 520 °C).
En 2025 será a primeira nave en órbita arredor do Sol que permita estuadar os seus polos, ó inclinar o seu plano orbital.
Notas
Véxase tamén
Sondas anteriores do estudo solar
Helios-B SOHO Observatorio de Dinámica Solar (SDO) Parker Solar Probe
Categoría:Satélites artificiais Categoría:Astronomía