Ruan Lingyu (chinés tradicional e simplificado: 阮玲玉; pinyin: Ruǎn Língyù; Wade-Giles: Juan3 Ling2-yü4), nada en Shanghai o 26 de abril de 1910 e finada na mesma cidade o 8 de marzo de 1935, foi unha actriz chinesa, famosa polos seus roles no cinema mudo. Recoñecida como unha das máis prominentes estrelas do cinema chinés durante a década de 1930, converteuse nunha icona atemporal do cinema chinés tralo seu suicidio á idade de 24 anos.

Traxectoria Primeiros anos Nada baixo o nome de Ruan Fenggen nunha familia de clase obreira en Shanghai, Ruan veu ao mundo nun período tumultuoso da historia chinesa. O seu pai, que traballaba para a compañía británica Asiatic Petroleum Company, faleceu cando ela só tiña seis anos e a súa nai tivo que sostela pola súa conta traballando como criada. A nai de Ruan logrou que a súa filla puidese contar cunha educación formal, pero non lle permitiu que dese detalles persoais aos seus compañeiros de clase, por temor á vergoña que lle podería traer ser a filla dunha serventa.

Carreira esquerda|miniatura|330x330px|Ruan Lingyu de 20 anos, no filme Liàn'ài yǔ yìwù. En 1926, para axudar a soster o fogar, Ruan asinou un contrato coa prominente Mingxing Film Company, realizando o seu debut en pantalla con só 16 anos. O filme, Unha parella casada só en nome (掛名的夫妻/挂名的夫妻), estivo dirixida por Bu Wancang. Dous anos máis tarde, uniuse á Da Zhonghua Baihe Company (大中華百合公司/大中华百合公司), coa que filmou seis películas. O seu primeiro papel importante foi 故都春夢 (1930), o cal tivo un éxito enorme na China, e que foi o primeiro traballo importante de Ruan coa recentemente fundada Lianhua Film Company; nela interpretaba unha prostituta de nome Yanyan.

Ruan converteuse na estrela máis importante da Lianhua. Os seus traballos máis memorables viñeron despois de 1931, comezando co melodrama Liàn'ài yǔ yìwù, dirixido por Bu Wancang. Ruan gañou gran popularidade grazas a unha serie de papeis protagonistas, e en 1933 foi elixida en segundo lugar detrás de Hu Die nunha enquisa organizada pola revista Star Daily (明星日報) como a "raíña dos filmes" na China. Despois de Sāngè Módēng Nǚxìng (1932), Ruan comezou a colaborar cun grupo de directores esquerdistas chineses.

En Xiáo wǎnyì (1933), filme de Sun Yu, Ruan interpretou unha fabricante de xoguetes cunha ardua vida. O seu seguinte filme, Shénnǚ (1934), de Wu Yonggang, adoita ser sinalado como o cumio do cinema mudo chinés; Ruan retrata de forma empática unha prostituta e nai solteira que debe superar grandes dificultades. Máis tarde ese mesmo ano, Ruan filmou o seu penúltimo filme, Xīn nǚxìng (dirixido por Cai Chusheng), en que interpreta unha muller educada forzada a morrer por unha sociedade desapiadada. O filme estivo baseado na vida da actriz Ai Xia, quen se suicidou en 1934. O seu último filme, Guó fēng, foi estreado pouco despois da súa morte.

Unha copia dunha das súas primeiras películas, Liàn'ài yǔ yìwù (1931), dirixida por Bu Wancang, foi descuberta no Uruguai en 1994.

Vida persoal Á idade de 16 anos, Ruan coñeceu o que foi o seu esposo, Zhang Damin (张达民/張達民), familiar dos empleadores da súa nai. Zhang foi logo repudiado pola súa adiñeirada familia debido á súa actitude desbaldidora e converteuse nun adicto ao xogo, sendo sostido polo soldo de Ruan. Incapaz de tolerar a adicción de Zhang, Ruan separouse del en 1933. Foi entón que comezou a convivir con Tang Jishan, un magnate do té. En 1935, Zhang interpuxo unha demanda contra Ruan buscando reparacións pola infidelidade. Os tabloides aproveitaron esta oportunidade para airear a vida privada de Ruan, colocándoa baixo unha intensa presión pública.

Logo de terminar Novas mulleres, a vida persoal de Ruan comezou a colapsar. O filme estreouse en Shanghai en 1935. Cai Chusheng atopábase baixo unha enorme presión por parte dos reporteiros de tabloides, quen foron extremadamente hostís contra a produción debido á representación negativa da industria da prensa sensacionalista no filme. Cai foi forzado a realizar cortes extensos na película. Mesmo despois daquilo, a vida persoal de Ruan seguía a ser atacada de xeito inmisericorde polos reporteiros e o seu preito co seu primeiro marido, Zhang Damin, converteuse en fonte de cobertura vingativa.

Morte miniatura|Cortexo fúnebre de Ruan Lingyu. Angustiada polo escrutinio público e os seus intensos problemas privados, Ruan envelenouse cunha sobredose de barbitúricos, en Shanghai o 8 de marzo de 1935, con só 24 anos. A súa nota de suicidio aparentemente contiña a liña "o chisme é unha cousa medorenta" (人言可畏), aínda que algúns investigadores recentes dubidaron da autenticidade da nota (sospéitase que foi falsificada por Tang Jishan). O grande intelectual chinés Lu Xun estivo arrepiado polos detalles que arrodearon a morte de Ruan e escribiu un ensaio titulado "O chisme é unha cousa medorenta", denunciando os tabloides.

Os investigadores recentes cren que a súa deteriorada relación con Tang Jishan puido contribuír ao suicidio de Ruan. Crese que el puido maltratala fisicamente na noite do seu suicidio. A súa procesión funeraria incluíu unha multitude ao longo de 5 quilómetros con tres mulleres suicidándose durante o acontecemento. The New York Times chamouno "o funeral máis espectacular do século".

Legado De acordo co cineasta británico Mark Cousins na súa serie documental The Story of Filme: An Odyssey, Ruan Lingyu ofreceu o primeiro exemplo de actuación realista libre do estilo melodramático típico das interpretacións de principios do século XX. Especificamente cita unha escena en Shénnǚ, máis tarde reproducida en Centre Stage, en que Ruan mostra «a súa fatiga, os seus xestos pouco ampulosos, a súa linguaxe corporal» dun xeito natural.

En 1992, o director de Hong Kong Stanley Kwan realizou un filme sobre a súa vida, Centre Stage, protagonizado por Maggie Cheung como Ruan. Cheung Gañou o premio á mellor actriz no Festival de Cinema de Berlín.

En 2005, Jacklyn Wu Chien-lien interpretou a Ruan nunha serie de televisión chinesa sobre a súa vida. Ese mesmo ano a biografía, Ruan Ling-Yu: The Goddess of Shanghai por Richard J. Meyer, foi publicada por University of Hong Kong Press.

Filmografía miniatura|Ruan Lingyu nos anos 1930. AnoTítulo en inglésTítulo orixinalPersonaxeNotas1927A Married Couple in Name Only掛名的夫妻Shi MiaowenPerdidoThe Tablet of Blood and Tears血淚碑Liang SibaoPerdidoYang Kwei Fee of Peking北京楊貴妃Yang XiaoyuePerdidoThe Heart of Women婦人心Perdido1928The Luoyang Bridge蔡狀元建造洛陽橋Wang YongxuPerdidoThe White Cloud Pagoda白雲塔Pu LüjiPerdido1929The Pearl Crown珍珠冠PerdidoWarnings for the Lovers情欲寶鑑PerdidoLonely Swan After the Calamity劫後孤鴻PerdidoAttacking Nine-Dragon Mountain大破九龍山PerdidoBurning Nine-Dragon Mountain火燒九龍山PerdidoThe Flower of the Silver Screen銀幕之花Perdido1930Dream of the Ancient Capital故都春夢PerdidoSuicide Contract自殺合同PerdidoWild Flowers by the Road野草閒花LilianPerdido?1931Love and Duty戀愛與義務A Spray of Plum Blossoms一剪梅Hu Zhilu (Julia)The Peach Girl桃花泣血記Miss LimYu Tang Chun玉堂春Perdido1932Another Dream of the Ancient Capital續故都春夢Perdido1933Three Modern Women三个摩登女性Zhou ShuzhenPerdidoNight in the City城市之夜FillaPerdidoLittle Toys小玩意Irmá Ye1934Life人生PerdidoComing Home歸來Rolos superviventes inéditosGoodbye, Shanghai再會吧,上海Sobrevive parcialmente, perdéronse tres rolosA Sea of Fragrant Snow香雪海PerdidoThe Goddess神女ProstitutaNew Women新女性Wei Ming1935National Customs國風Zhang Lan

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Ruan Lingyu at the Chinese Movie Database Ruan Lingyu, Queen in Silent Film Period

Categoría:Nados en Shanghai Categoría:Actores da China Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 1935 Categoría:Suicidios en 1935 Categoría:Suicidas da China Categoría:Finados por sobredose