miniatura|250px|Estreleira, utilizada polo nacionalismo galego de esquerdas a partir da segunda metade do século XX. O nacionalismo é unha idea e movemento que sostén que a nación debe ser congruente co estado. Como movemento, tende a promover os intereses dunha nación en particular,Smith, Anthony. Nationalism: Theory, Ideology, History. Polity, 2010. pp. 9, 25–30; especialmente co obxectivo de gañar e manter a soberanía (autogoberno) da nación sobre a súa patria e así crear un estado nación. O nacionalismo mantén que cada nación debe gobernarse a si mesma, libre de interferencias externas (autodeterminación), que unha nación é a base natural e ideal para unha entidade política, e que a nación é a única fonte lexítima de poder político.Yack, Bernard. Nationalism and the Moral Psychology of Community. University of Chicago Press, 2012. p. 142 Ademais, pretende construír e manter unha única identidade nacional, baseada nunha combinación de características sociais compartidas como cultura, etnia, localización xeográfica, lingua , política (ou goberno), relixión, tradicións e crenza nunha historia singular compartida, e promover a unidade nacional ou a solidariedade. O nacionalismo, polo tanto, busca preservar e fomentar a cultura tradicional dunha nación.Smith, Anthony. Nationalism: Theory, Ideology, History. Polity, 2010. pp. 6–7, 30–31, 37 Existen varias definicións de "nación", o que leva a diferentes tipos de nacionalismo. As dúas principais formas diverxentes son o nacionalismo étnico e o nacionalismo cívico. Historicamente, dende os inicios, o nacionalismo cívico foi o factor determinante no desenvolvemento e difusión do sistema de valores constitucional e democrático moderno nas sociedades, porén, o nacionalismo étnico tende a preferir o goberno autoritario ou mesmo a ditadura.DONALD IPPERCIEL (2007): Constitutional democracy and civic nationalism
O nacionalismo desenvolveuse a finais do século XVIII, particularmente coa Revolución Francesa e a difusión do principio da soberanía popular (a idea de que é "o pobo" quen debe gobernar). Utilizáronse tres teorías principais para explicar a súa aparición. O primordialismo desenvolveuse xunto co nacionalismo durante a era romántica e sostiña que sempre houbo nacións. Dende entón, esta opinión foi rexeitada polos estudosos, e as nacións agora son vistas como construídas socialmente e historicamente continxentes. A teoría da modernización, que é a teoría do nacionalismo máis aceptada no presente, adopta un enfoque construtivista e propón que o nacionalismo xurdiu debido a procesos de modernización, como a industrialización, a urbanización e a educación de masas, que fixeron posible a conciencia nacional. Os defensores desta teoría describen as nacións como "comunidades imaxinadas" e o nacionalismo como unha "tradición inventada" na que o sentimento compartido achega unha forma de identidade colectiva e une aos individuos en solidariedade política. Unha terceira teoría, o etnosimbolismo explica o nacionalismo como produto de símbolos, mitos e tradicións, tal e como se asocia co traballo de Anthony D. Smith. Ademais, a expansión dos movementos nacionalistas durante a descolonización levou a moitos teóricos a examinar o papel das elites na mobilización das comunidades para manter o seu poder.
O valor moral do nacionalismo, a relación entre o nacionalismo e o patriotismo e a compatibilidade do nacionalismo e do cosmopolitismo son todos temas de debate filosófico. O nacionalismo pódese combinar con diversos obxectivos políticos e ideoloxías como o conservadorismo (conservadorismo nacional e populismo de dereitas) ou o socialismo (nacionalismo de esquerdas). Na práctica, o nacionalismo é visto como positivo ou negativo dependendo da súa ideoloxía e resultados. O nacionalismo foi unha característica dos movementos pola liberdade e a xustiza, estivo asociado con renacementos culturais, e fomenta o orgullo polos logros nacionais. Tamén se utilizou para lexitimar divisións raciais, étnicas e relixiosas, suprimir ou atacar minorías e socavar os dereitos humanos e as tradicións democráticas. O nacionalismo radical combinado co odio racial foi un factor clave no Holocausto perpetrado pola Alemaña nazi.
Terminoloxía miniatura|Páxina do título da segunda edición (Ámsterdam 1631) de De jure belli ac pacis. O uso terminolóxico de "nacións", "soberanía" e os conceptos asociados foron significativamente refinados coa escritura de Hugo Grotius en De jure belli ac pacis a comezos do século XVII. Vivindo nos tempos da guerra dos oitenta anos entre España e os Países Baixos e da guerra dos trinta anos entre as nacións europeas católicas e protestantes, non é de estrañar que Grotius estivese profundamente preocupado polos asuntos dos conflitos entre nacións no contexto de oposicións derivadas de diferenzas relixiosas. A palabra nación tamén se aplicou antes de 1800 en Europa para referirse aos habitantes dun país, así como a identidades colectivas que poderían incluír a historia compartida, a lei, a lingua, os dereitos políticos, a relixión e as tradicións, en certo sentido máis semellante á concepción moderna.
Nacionalismo, como derivado do substantivo que designa á 'nación', é unha palabra máis nova; en inglés, o termo data de 1798. O termo adquiriu importancia por primeira vez no século XIX.See Norman Rich, The age of nationalism and reform, 1850–1890 (1970). O termo fíxose cada vez máis negativo nas súas connotacións despois de 1914. Glenda Sluga sinala que "O século XX, unha época de profunda desilusión co nacionalismo, foi tamén a grande época do globalismo".Glenda Sluga, Internationalism in the Age of Nationalism (University of Pennsylvania Press, 2013) ch 1
Os académicos definen o nacionalismo como un principio político que sostén que a nación e o estado deben ser congruentes. Segundo Lisa Weeden, a ideoloxía nacionalista presume que "o pobo" e o Estado son congruentes.
Historia miniatura|250px|Unha postal de 1916 que mostra a personificación nacional dalgúns dos aliados da primeira guerra mundial, cada un cunha bandeira nacional.
Os estudosos adoitan situar o inicio do nacionalismo a finais do século XVIII ou principios do XIX coa Declaración de Independencia dos Estados Unidos de América ou coa Revolución Francesa. O consenso é que o nacionalismo como concepto estaba firmemente estabelecido no século XIX. Nas historias do nacionalismo, a Revolución Francesa (1789) é vista como un importante punto de partida, non só polo seu impacto no nacionalismo francés senón máis aínda polo seu impacto nos alemáns e italianos e sobre os intelectuais europeos.Raymond Pearson, ed., The Long-man companion to European nationalism 1789–1920 (2014) p. xi, with details on each country large and small. O modelo do nacionalismo, como método para mobilizar a opinión pública arredor dun novo estado baseado na soberanía popular, remóntase a 1789: filósofos como Rousseau e Voltaire, cuxas ideas influíron na Revolución Francesa, estaban influenciados ou alentados á súa vez polo exemplo dos anteriores movementos constitucionalistas de liberación, en particular a República Corsa (1755–1768) e a Revolución Americana (1775–1783).
A finais do século XIX as ideas nacionalistas comezaran a expandirse por toda Asia. Na India o nacionalismo incentivou a fin do dominio británico. Na China o nacionalismo deu unha xustificación para o estado chinés, que se atopaba desamigado coa idea dun imperio universal. No Xapón o nacionalismo foi combinado co excepcionalismo nipón.
A primeira guerra mundial marcou a destrución definitiva dalgúns estados multinacionais (o Imperio Otomán, o Imperio Austrohúngaro e, en certa medida, o ruso). O tratado de Versalles foi establecido como un intento por recoñecer o principio de nacionalismo, xa que parte de Europa foi dividida en nacións-estado nun intento por manter a paz. Así a todo, moitos estados multinacionais e imperios sobreviviron. O século XX foi tamén marcado pola lenta adopción do nacionalismo por todo o mundo coa destrución parcial dos imperios coloniais europeos, a Unión Soviética e outros estados multinacionais menores.
Simultaneamente, particularmente na segunda metade do século, fortes tendencias antinacionalistas tiveron lugar, sendo en xeral destacables as manexadas por elites. A actual Unión Europea está actualmente transferindo poder do nivel estatal a entidades locais e continentais. Acordos de comercio, tales como NAFTA e GATT, e a crecente internacionalización de mercados de comercio debilitan tamén a soberanía dos estados.
A pesar disto, o nacionalismo continúa sosténdose en oposición a estas tendencias. A globalización é rexeitada masivamente en manifestacións na rúa, os partidos nacionalistas continúan gañando eleccións, e a maioría da xente mantén fortes vínculos coa súa nación.
Formas de nacionalismo Nacionalismo de Estado e nacionalismo das minorías Unha simple ollada á realidade internacional permítenos intuír que son múltiplas as formas de Nacionalismo pero de complicadísima delimitación conceptual xa non só porque o termo se aplique a múltiplas realidades (estados consolidados, etnias sen estado, autonomías en progreso,...), senón que ademais se emprega para designar moi diferentes xeitos que os diferentes individuos ou colectividades teñen de vivenciar a comunidade ou nación. Obsérvese que por nacionalismo se pode entender:
A afección, inclinación ou cariño dos cidadáns á nación -recoñecida ou non como tal na lexislación- á que pertencen. Unha doutrina que enxalza a idiosincrasia, a singularidade da entidade colectiva nacional. A aspiración e/ou pretensión dun pobo ou raza a constituírse nunha entidade parcial ou totalmente autónoma. O Dereito dun pobo ou raza á propia autodeterminación.
En contraposición con outras etapas históricas próximas (como a etapa franquista en España), ou afastadas, como por exemplo aquela en que os grandes reinos europeos tiñan arelas imperialistas baseadas no nacionalismo de Estado, hoxe en día, as Ciencias sociais preocúpanse maiormente polo nacionalismo das minorías. No congreso Nationalism, Identity and Minority Rights celebrado en Bristol en 1999, só un 10% dos 210 relatorios realizados fixeron referencia ó nacionalismo de Estado.
Fernando Vizcaíno Guerra, no seu artigo Nacionalismo, Estado y nación expresa que ata a década de 1970 predominou a idea de que a condición esencial do nacionalismo era o Estado. Foi ó final desa década cando se deu en considerar a nación como a condición fundamental do nacionalismo ata podermos falar na actualidade de nacionalismo étnico, de nacionalismo das minorías ou de Estado multinacional.
Frecuentemente, os nacionalismos das minorías, por suporen a presenza de movementos en oposición ó Estado, semellan estar tamén en oposición co nacionalismo de Estado, cando ámbolos dous nacionalismos son unha mesma realidade en distintas fases. Ben é certo que o nacionalismo pode ser ó mesmo tempo un sentimento, unha doutrina e mesmo unha tendencia política, pero a diferenza real entre o nacionalismo das minorías e o nacionalismo de Estado radica no grao de recoñecemento lexislativo e internacional que un nacionalismo ten.
Nacionalismo cívico versus nacionalismo étnico O nacionalismo étnico define a nación en termos de etnicidade, o cal sempre inclúe algúns elementos descendentes das xeracións previas. Tamén inclúe ideas dunha conexión cultural entre os membros da nación e os seus antepasados, e frecuentemente unha linguaxe común. A nacionalidade é hereditaria. O Estado deriva a lexitimidade política do seu status como fogar do grupo étnico, e da súa función de protección do grupo nacional e a facilitación dunha vida social e cultural para o grupo. As ideas sobre etnicidade son moi antigas, pero o nacionalismo étnico moderno está fortemente influído por Johann Gottfried von Herder, quen promoveu o concepto de Volk, e Johann Gottlieb Fichte.
