miniatura|dereita|"Odin, the Wanderer" (1886) de Georg von Rosen. Odín (Óðinn en antigo nórdico) é o deus soberano na mitoloxía nórdica e no paganismo nórdico, como o anglosaxón Woden, continuación do protoxermánico *Wōdinaz.
Mito
O seu nome está relacionado con óðr, que significa "excitación", "furia" ou "poesía". O seu papel, como moitos dos deuses do panteón nórdico, é complexo, estando vinculado á sabedoría, a morte e a guerra, así como tamén á maxia, a poesía, as profecías, a vitoria ou á caza.
Odín aparece representado como un vello dun só ollo, deixando o outro como tributo na fonte sagrada que lle deu a sabedoría como atributos porta unha lanza, un anel de ouro e un cabalo de oito patas e dous lobos que o protexen, as novas transmítenllas os corvos. Como deus dos aforcados pode aparecer coa lingua fóra. Como deus da guerra é un deus sádico e como deus da morte manda queimar os mortos coas súas posesións para que as atopen outra volta en Valhalla.
Véxase tamén Outros artigos Lista de deuses xermánicos Estandarte do corvo Hold Nickar
Categoría:Æsir Categoría:Deuses nórdicos Categoría:Deuses xermánicos Categoría:Deuses creadores Categoría:Deuses da guerra Categoría:Deuses da caza Categoría:Deuses da arte Categoría:Deuses da sabedoría