Catherine Grace "Cady" Coleman, nada en Charleston (Carolina do Sur) o 14 de decembro de 1960, é unha astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-93, STS-73 e Soiuz TMA-20 e das expedicións 26 e 27 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 180,17 días no espazo.

Traxectoria Coleman é graduada en química polo Instituto Tecnolóxico de Massachusetts en 1983 e doutorada en ciencias e enxeñería de polímeros pola Universidade de Massachusetts en 1991.

Foi seleccionada pola NASA en marzo de 1992, participando nas misións STS-93, STS-73 e Soiuz TMA-20 e nas expedicións 26 e 27.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-93 STS-73 Soiuz TMA-20 Expedición 26 Expedición 27

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1960 Categoría:Nados en Carolina do Sur