Barbara Apolonia Chałupec, nada en Lipno (Polonia) o 3 de xaneiro de 1897 e finada en San Antonio o 1 de agosto de 1987, foi unha actriz polaca de ascendencia eslovaca, coñecida artisticamente baixo o pseudónimo de Pola Negri, unha das grandes divas do cine mudo. Nacionalizouse estadounidense en 1951.
Negri asinou coa Paramount en 1922, convértendoa no primeiro intérprete europeo da historia que foi contratada en Hollywood.
Traxectoria Primeiros anos O seu pai Jerzy Mathias Chalupiec, de orixe eslovaca, foi detido polo exército ruso por actitudes antitsaristas e enviado a Siberia, o que fixo que a familia Chalupiec (Barbara e a súa nai Eleonora) pasase por momentos difíciles economicamente, vivindo nun suburbio de Varsovia.
Con todo, Negri foi admitida no Ballet Imperial, para o que traballou ata que por mor da tuberculose (segundo outras fontes, unha lesión), tivo que abandonar a compañía; así, Negri centrou a súa atención no teatro, e estudou interpretación na Escola de Arte Dramática de Varsovia.
Carreira no cinema miniatura|Pola Negri en 1921. Aínda en Polonia, Negri (rebautizada así pola poeta italiana Ada Negri) chegou a actuar en filmes como Żona, Bestia ou Studenci. Pouco despois viaxou a Berlín, onde traballou na compañía de teatro de Max Reinhardt e máis tarde con Ernst Lubitsch.
O filme deste último, Die Augen der Mumie, foi un éxito que fixo que Negri conseguise unha oportunidade en Hollywood.
Algúns dos seus filmes de Hollywood máis recoñecidos son Forbidden Paradise, dirixido polo tamén exiliado Lubitsch, The Spanish Dancer ou Shadows of Paris. En 1927 rodou ás ordes de Mauritz Stiller Hotel Imperial e The Woman on Trial.
Nesta época, Negri deu moito que falar non só polo seu romance co cómico británico Charles Chaplin senón, sobre todo, polos seus supostos plans de voda con Rodolfo Valentino, que Negri se encargou de airear á prensa trala morte del. Mesmo durante o funeral de Valentino, Negri seguiu o féretro dende Os Anxeles a Nova York, posando para a prensa coma se fose a súa viúva. Moitos actores, como Tallulah Bankhead, Mary Pickford ou Alberto Valentino, irmán de Rodolfo, criticaron isto e acusárona de mentir á prensa.
Coa chegada do cinema sonoro, a súa popularidade da década de 1920 esvaeceu por completo debido ao seu forte acento polaco e a súa dificultade para falar inglés. Regresou a Alemaña, e traballou para os estudos UFA, controlados por entón por Goebbels. Protagonizou, en 1935, o filme Mazurka, de Willi Forst. Con todo, polas súas supostas raíces xudías, emigrou outra vez aos Estados Unidos na década de 1940 e nacionalizouse estadounidense.
Últimos anos Os últimos anos da súa vida son un misterio, polo que adoita ser comparada coa personaxe de Norma Desmond que interpretou Gloria Swanson en Sunset Boulevard. Negri foi, de feito, a principal candidata de Billy Wilder para o papel,Pola Negri FAQ , Polanegri.com; consultado o 17 de maio de 2014. mais rexeitouno, considerándoo unha ofensa.
Morreu dun tumor cerebral (ou pneumonía) en 1987, aos 90 anos, e legou case todos os seus bens á St. Mary’s University. Está enterrada no cemiterio de Calvary, nos Estados Unidos.
Ten unha estrela no 6933 do Paseo da Fama de Hollywood.
Filmografía +Lenda Denota un filme perdido ou presumiblemente perdido.
Polonia AnoFilmeDirectorCompañíaNotas 1914 Niewolnica zmysłów Aleksander Hertz Sphinx CompanyPrimeiro filme de Negri 1915 Żona Aleksander Hertz Sphinx Company 1915 Czarna książka Aleksander Hertz Sphinx CompanyVersión anterior de Der Gelbe Schein 1916Studenci Aleksander Hertz Sphinx Company 1917 Bestia Aleksander Hertz Sphinx Company 1917 Tajemnica alei Ujazdowskich Aleksander Hertz Sphinx CompanyParte da serie Tajemnice Warszawy 1917Pokój Nr. 13 Aleksander Hertz Sphinx CompanyParte da serie Tajemnice Warszawy 1917 Arabella Aleksander Hertz Sphinx CompanyAínda que se sospeita que a maior parte do filme está perdido, consérvase un breve fragmento, que foi empregado no filme polaco O czym się nie mówi (1939). 1917 Jego ostatni czyn Aleksander Hertz Sphinx Company
Alemaña (período mudo) AnoFilmeDirectorCompañíaNotas 1917 Nicht lange täuschte mich das Glück Kurt Matull Saturn-Film AG Negri interpreta un dobre papel secundario como monxa e bailarina de cabaré 1917 Zügelloses BlutDescoñecido Saturn-Film AG 1917 Küsse, die man stiehlt im DunkelnDescoñecido Saturn-Film AG 1917 Die toten AugenDescoñecido Saturn-Film AG 1917 Wenn das Herz in Haß erglüht Kurt Matull Saturn-Film AGO filme consérvase e foi amosado en La Cinémathèque Française de París e no Museo do Cinema de Łódź, Polonia 1918 Rosen, die der Sturm entblättert Unknown Saturn-Film AG 1918 Mania Eugen Illés UFADeseños dos escenarios de Paul LeniTítulo completo: Mania, Die Geschichte einer Zigarettenarbeiterin. 1918 Die Augen der Mumie Mâ Ernst Lubitsch UFAPrimeira colaboración Negri/Lubitsch 1918 Der Gelbe Schein Victor Janson e Eugen Illés UFA 1918 Carmen Ernst Lubitsch UFA 1919 Das Karussell des Lebens Georg Jacoby UFA 1919 Blutrache Georg Jacoby UFA 1919 Dämmerung des Todes Georg Jacoby UFA 1919 Kreuziget sie! Georg Jacoby UFA 1919 Madame Dubarry Ernst Lubitsch UFA 1919 Komtesse Dolly Georg Jacoby UFA 1920 Die Marchesa d'Armiani Alfred Halm UFA 1920 Sumurun Ernst Lubitsch UFARemake da produción teatral de Max Reinhardt, que tamén incluía a Negri e Lubitsch nos mesmos papeis, única vez en que ambos apareceron xuntos na pantalla e última vez que Lubitsch apareceu en escena como actor. 1920 Das Martyrium Paul Ludwig Stein UFA 1920 Die geschlossene Kette Paul Ludwig Stein UFA 1920 Arme Violetta Paul Ludwig Stein UFA 1921 Die Bergkatze Ernst Lubitsch UFAComedia expresionista e parodia dos filmes expresionistas 1921 Sappho Dimitri Buchowetzki UFA 1923 Die flamme Ernst Lubitsch Ernst Lubitsch Film GmbHÚltimo filme alemán de Ernst Lubitsch
Período da Paramount AnoFilmeDirectorCompañíaNotas 1923 Bella Donna George Fitzmaurice Famous Players-Lasky/ParamountRemake do filme de 1915 Bella Donna 1923 The Cheat George Fitzmaurice Famous Players-Lasky/ParamountRemake do filme de 1915 The Cheat 1923 Hollywood James Cruze Famous Players-Lasky/Paramount Negri ten un cameo no filme, que inclúe aparicións doutras estrelas de Hollywood da época 1923 The Spanish Dancer Herbert Brenon Famous Players-Lasky/Paramount 1924 Shadows of Paris Herbert Brenon Famous Players-Lasky/Paramount 1924 Men Dimitri Buchowetzki Famous Players-Lasky/Paramount 1924 Lily of the Dust Dimitri Buchowetzki Famous Players-Lasky/Paramount 1924 Forbidden Paradise Ernst Lubitsch Famous Players-Lasky/ParamountÚnica colaboración estadounidense entre Lubitsch e Negri e último filme xuntos 1925 East of Suez Raoul Walsh Famous Players-Lasky/ParamountÚltimo filme de Negri dirixido por Raoul Walsh 1925 The Charmer Sidney Olcott Famous Players-Lasky/Paramount 1925 Flower of Night Paul Bern Famous Players-Lasky/Paramount 1925 A Woman of the World Malcolm St. Clair Famous Players-Lasky/Paramount 1926 The Crown of Lies Dimitri Buchowetzki Famous Players-Lasky/Paramount 1926 Good and Naughty Malcolm St. Clair Famous Players-Lasky/Paramount 1927 Hotel Imperial Mauritz Stiller Famous Players-Lasky/ParamountRompeu marcas de vendas de billetes 1927 Barbed Wire Rowland V. LeeMauritz Stiller ParamountMauritz Stiller comezou o filme, pero foi substituído por Rowland V. Lee no inicio 1927 The Woman on Trial Mauritz Stiller ParamountAínda que se perdeu a maior parte, o Museum of Modern Art é propietario dalgúns fragmentos. 1928 The Secret Hour Rowland V. Lee Paramount 1928 Three Sinners Rowland V. Lee Paramount 1928 Loves of an Actress Rowland V. Lee ParamountSilent film with soundtrack 1928 The Woman from Moscow Ludwig Berger ParamountTítulo alternativo: RachelFilme mudo con banda sonora
Internacionais (período sonoro) AnoFilmeDirectorCompañíaPaísNotas 1929 The Woman He Scorned Paul Czinner Charles Whittaker Productions UK (distribuído por Warners UK)Reino UnidoTítulos alternativos: The Way of Lost Souls, Street of Abandoned ChildrenFilme mudo con banda sonora, último filme mudo de Negri. 1932 A Woman Commands Paul L. Stein RKOEstados UnidosTítulo alternativo: Maria DragaPrimeiro filme sonoro de Negri, inclúe as cancións "Paradise", "I Wanna Be Kissed" e "Promise You Will Remember Me". "Paradise" foi un grande éxito e converteuse nun estándar durante moitos anos, sendo versionado por Russ Colombo e Louis Prima, incluído no programa de televisión Adventures in Paradise, e empregado na banda sonora de moitos outros filmes da época. 1934 Fanatisme Tony Lekain, Gaston Ravel Pathé Francia Único filme francés de Negri, no que aparece cantando tres cancións 1935 Mazurka Willi Forst Cine-Allianz/Tobis-Klangfilm AlemañaInclúe as cancións "Je sens en moi", "Mazurka" e "Nur eine Stunde". Fíxose un remake en 1937 por Warner Brothers como Confession, dirixido polo director austríaco Joe May 1936 Moskau-Shanghai Paul Wegener UFA AlemañaTítulos alternativos: Von Moskau nach Shanghai, Der Weg nach Shanghai, Begegnung in Shanghai, Zwischen Moskau und ShanghaiInclúe a canción "Mein Herz hat Heimweh..." 1937 Madame Bovary Gerhard Lamprecht UFA AlemañaÚnico filme sonoro alemán de Negri estreado nos Estados Unidos 1937 Tango Notturno Fritz Kirchhoff UFA AlemañaInclúe as cancións "Ich hab an Dich Gedacht" e "Kommt das Glück nicht heut'? Dann kommt es morgen" 1938 Die fromme Lüge Nunzio Malasomma UFA Alemaña 1938 Die Nacht der Entscheidung Nunzio Malasomma UFA Alemaña
Últimos filmes AnoFilme Director Compañía Notas 1943 Hi Diddle Diddle Andrew L. Stone Andrew L. Stone Productions (distribuída por United Artists) 1964 The Moon-Spinners James Neilson Walt Disney Productions
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas The Pola Negri Appreciation Site , polanegri.com; consultado o 17 de maio de 2014. Polanegri.pl – Pola Negri Film Festival website; consultado o 17 de maio de 2014. Tobacco cards, film.virtual-history.com; consultado o 17 de maio de 2014. Pola Negri profile, Culture.pl; consultado o 25 de novembro de 2014.
Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de Polonia Categoría:Nados en Cuiavia-Pomerania Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1987 Categoría:Estadounidenses de ascendencia polaca Categoría:Estadounidenses de ascendencia eslovaca