miniatura|220px|Macho na transición da súa plumaxe cara á época non reprodutiva.
Foudia é un xénero de aves da orde dos paseriformes, suborde dos oscines, infraorde dos paséridos e familia dos ploceidos.Frank Gill & David Donsker, eds. (2019): "Family Ploceidae" na IOC World Bird List. Versión 9.1. Consultada o 21 de abril de 2019.
O xénero comprende sete especies propias das illas do océano Índico occidental.Sinclair, Ian & Langrand, Olivier (2018): Birds of the Indian Ocean Islands. Dartford, Kent, UK: Universal Books. ISBN 978-1-8687-2035-4.
Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1850 polo naturalista alemán Ludwig Reichenbach.
A especie tipo, Foudia madagascariensis, foi designada posteriormente.
Etimoloxía O nome científico do xénero, Foudia, deriva do nome foudi (ou fodi), que é o que empregan os indíxenas Madagascar para designaren a especie propia desta illa, F. madagascarensis.
Especies Recoñécense no xénero as seguintes sete especies:Foudia Reichenbach, 1850 no ITIS.
Foudia aldabrana Ridgway, 1893 Foudia eminentissima Bonaparte, 1850 Foudia flavicans A. Newton, 1865 Foudia madagascariensis (Linnaeus, 1766) Foudia omissa Rothschild, 1912 Foudia rubra (Gmelin, 1789) Foudia sechellarum E. Newton, 1867)
Subespecies Só se reconñecen subespecies en Foudia eminentissima:Foudia eminentissima Bonaparte, 1850 no ITIS.
Foudia eminentissima algondae (Schlegel, 1867) Foudia eminentissima anjuanensis (Milne-Edwards & Oustalet, 1888) Foudia eminentissima cosobrina Milne-Edwards & Oustalet, 1885 Foudia eminentissima eminentissima Bonaparte, 1850
Características Son pequenas aves de 12 a 15 cm de lonxitude, e teñen un pico cónico e curto. Os machos reprodutores adoitan presentaren unha plumaxe de cores vivas, vermella ou amarela brillante. Os machos fóra da época de reprodución, e as femias durante todo o ano. exhiben plumaxes parecidas, maiormente de cores gris e parda, semellantes aos dos gorrións.
Encóntranse principalmente en bosques ou zonas de monte baixo, pero algunhas tamén se dan en hábitats artificiais, especialmente Foudia madagascariensis. Os machos son, como os de todos os ploceidos, os encargados de construíren os niños, os das especies deste xénero en forma de cúpula, e feitos con herbas e outros materiais vexetais, cunha abertura lateral e suspendidos dunha rama o dunha folla dunha palmeira.
Algunhas especies aliméntanse principalmente de sementes, pero outras son en gran parte insectívoras.
Distribución e hábitat Estas aves son endémicas das illas do océano Índico occidental, Madagascar, Seychelles, Comores e Mascareñas.
Foudia madagascariensis foi introducida no arquipélago de Chagos, Bahrain e Santa Helena.
Mentres que F. madagascariensis é unha das aves máis comúns da rexión, varias das outras especies de Foudia considéranse ameazadas, en particular a que vive en Mauricio (Foudia rubra), cuxo status está avaliado como EN (especie en perigo de extinción) pola UICN.BirdLife International (2016): Foudia rubra na Lista vermella da UICN. Versión 2019-1. Consultada o 21 de abril de 2019.
Filoxenia Segundo unha análise recente de ADN, Foudia é un clado irmán de Quelea. E estes dos xéneros, que pertencen ao grupo dos chamados verdadeiros tecedores (subfamilia dos ploceinos), están tamén estreitamente relacionado scoas especies asiáticas do xénero Ploceus.
A seguinte árbore filoxenética representa unha visión actual das relacións entre os xéneros Foudia e Quelea, e os seus parentes máis achegados.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Craig, Adrian (2010): "Family Ploceidae (Weavers)". En del Hoyo, J.; Elliott, A. & Christie, D. A. Handbook of the Birds of the World 15. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-9655-368-2. del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A., Fishpool, L. D. C.; Boesman, P. & Kirwan, G. M. (2016): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 2: Passerines. Barcelona, España / Cambridge, UK: Lynx Edicions / BirdLife International. ISBN 978-84-9655-398-9. Fry, C. H. & Keith, S. (2004): The birds of Africa. Volume VII. Londres, Reino Unido: Christopher Helm. ISBN 978-0-7136-6531-4. Skerrett, Adrian; Bullock, Ian & Disley, Tony (2001): Birds of Seychelles. Londres, Reino Unido: Christopher Helm. ISBN 978-0-7136-3973-5. Safford, R. J. & Hawkins, A. F. A., eds. (2013): The Birds of Africa. Volume VIII: The Malagasy Region: Madagascar, Seychelles, Comoros, Mascarenes. Londres, Reino Unido: Christopher Helm. ISBN 978-0-7136-6532-1.
Outros artigos Paseriformes Ploceidos
Ligazóns externas Foudia Reichenbach, 1850 na EOL.
Categoría:Ploceidos Categoría:Aves de África