Nora Ephron, Interview. nada en Nova York o 19 de maio de 1941 e finada na mesma cidade o 26 de xuño de 2012, foi unha xornalista, guionista e cineasta estadounidense. É coñecida polas súas comedias románticas e foi candidata ao Oscar en tres ocasións polos guións orixinais de Silkwood (1983), Cando Harry atopou a Sally (1989) e Algo para recordar (1993). En ocasións escribiu coa súa irmá Delia Ephron. O seu último filme foi Julie & Julia (2009). A súa primeira obra teatral, Imaginary Friends (2002), foi considerada como unha das dez mellores obras da temporada teatral 2002–03 de Nova York. Tamén foi a coautora da produción teatral Love, Loss, and What I Wore."Ragtime, The Scottsboro Boys, The Addams Family and Finian's Rainbow Top Nominations for 2010 Drama Desk Awards" En 2013, Ephron recibiu unha candidatura póstuma aos premios Tony á mellor obra por Lucky Guy.
Traxectoria Ephron naceu en Nova York, nunha familia xudía. Era a máis vella de catro fillas e creceu en Beverly Hills, California. Os seus pais, Henry e Phoebe (de solteira Wolkind) Ephron, naceran na cosa leste e eran destacados dramaturgos e guionistas. Ephron recibiu o seu nome pola protagonista da obra Casa de bonecas, de Henrik Ibsen. As irmás máis novas de Nora, Delia e Amy, tamén son guionistas. A súa irmá Hallie Ephron é xornalista, crítica literaria e novelista de obras de ficción criminal. Os seus pais basearon a personaxe inxenua da obra logo levada ao cinema Take Her, She's Mine na súa filla Nora, de vinte e dous anos, e nas súas cartas da universidade. Ambos os seus pais caeron no alcoholismo no seus últimos anos. Como estudante de instituto, Nora Ephron soñaba con ira a Nova York e converterse nunha Dorothy Parker, poeta, escritora satírica e crítica."Ephron, Nora." Current Biography Yearbook 1990. The H.W. Wilson Company. 1990. páx. 216. Ephron citou o seu profesor de xornalismo do instituto, Charles Simms, como o inspirador na procura dunha carreira no xornalismo. Ephron graduouse do Beverly Hills High School en 1958, e do Wellesley College de Wellesley, Massachusetts, en 1962 cun grao en ciencias políticas.
She casou tres veces. O seu primeiro matrimonio, co escritor Dan Greenburg, acabou en divorcio despois de nove anos. En 1976, casou co xornalista Carl Bernstein. En 1979, Ephron tivo un fillo, Jacob, e estaba embarazada do seu segundo fillo Max cando descubriu a relación entre Bernstein e a súa amiga mutua Margaret Jay, xornalista británica casada. Ephron inspirouse neste feito para escribir a súa novela de 1983 Heartburn, que foi levada ao cinema en 1986 por Mike Nichols con Jack Nicholson e Meryl Streep. No libro, Ephron escribiu sobre un marido chamado Mark, que era "capaz de ter sexo cunha persiana veneciana". Tamén escribiu que a personaxe Thelma (baseada en Margaret Jay) parecía unha xirafa con "grandes pés". Bernstein ameazou con querelarse contra o libro e o filme, mais nunca o fixo.
Ephron estivo casada durante vinte anos co guionista Nicholas Pileggi, ata a súa propia morte. A parella viviu nos outeiros de Hollywood nos Ánxeles e en Nova York.
O amigo de Ephron Richard Cohen dixo dela, "era moi xudía, cultural e emocionalmente. Identificábase completamente cunha muller xudía". Non obstante, Ephron non era relixiosa. "Nunca podes ter demasiada manteiga... isto é a miña crenza. Se teño unha relixión, é esta",Orixinal en inglés: "You can never have too much butter – that is my belief. If I have a religion, that's it" dixo nunha entrevista en NPR sobre o seu filme de 2009 Julie & Julia.
O seu fillo, Jacob Bernstein, dirixiu un filme para HBO sobre a vida da súa nai titulado Everything Is Copy.
Gorxa profunda Durante moitos anos, Ephron foi unha das poucas persoas que coñecía a identidade de Deep Throat ("Gorxa profunda"), o informador anónimo dos artigos escritos polo seu ex marido Carl Bernstein e Bob Woodward descubrindo o escándalo Watergate. Ephron leu as notas de Bernstein, nas que se refería a Deep Throat como "MF"; Bernstein afirmou que se refería a "My Friend" ("O meu amigo"), mais Ephron supuxo correctamente que era unha referencia a Mark Felt, antigo director asociado do FBI.
Despois da fin do matrimonio de Ephron e Bernstein, Ephron revelou a identidade de Deep Throat ao seu fillo Jacob e a calquera que llo preguntase. Unha vez dixo, "Eu daría discursos diante de 500 persoas e alguén preguntaría, 'Sabe quen é Deep Throat?' e eu respondería, 'É Mark Felt'."Orixinal en inglés: "I would give speeches to 500 people and someone would say, 'Do you know who Deep Throat is?' And I would say, 'It's Mark Felt'". Compañeiros de Jacob Bernstein no Dalton School e Vassar College falan de que Jacob revelou a numerosas persoas que Felt era Deep Throat. Esta revelación atraeu pouca atracción dos medios durante o tempo en que a identidade de Deep Throat era un misterio. Ephron dixo que "ninguén, á parte do meu fillo, me cre".Orixinal en inglés: "No one, apart from my sons, believed me". Ephron foi invitada por Arianna Huffington a escribir sobre a súa experiencia no Huffington Post, en que era blogueira regular e editora a tempo parcial.
Obra Filmografía Como actriz, Nora Ephron aparece en dous filmes dirixidos polo seu amigo Woody Allen. Está acreditada como invitada á voda en Delictos e faltas (1989)IMDb e como invitada á festa en Maridos e mulleres (1992).IMDb
AnoTítuloAcreditada como Directora Guionista Produtora 1983 Silkwood 1986 Heartburn 1989 Cando Harry atopou a Sally Cookie 1990 My Blue Heaven 1991 The Super (sen acreditar) 1992 This Is My Life 1993 Algo para recordar 1994 Mixed Nuts 1996 Michael 1998 All I Wanna Do Tes un correo 2000 Hanging Up Lucky Numbers 2005 Enfeitizada 2009 Julie & Julia
Obras de teatro AnoTítuloNotasTeatro2002Imaginary FriendsWriterEthel Barrymore Theatre2008 Love, Loss, and What I WoreCoautora Westside Theatre 2013 Lucky Guy AutoraBroadhurst Theatre
Coleccións de artigos e outras obras Wallflower at the Orgy (1970) Crazy Salad: Some Things About Women (1975) The Boston Photographs (1975) Scribble, Scribble: Notes on the Media (1978) Heartburn (1983, novela) I Feel Bad About My Neck: And Other Thoughts on Being a Woman (2006) I Remember Nothing: And Other Reflections (2010) The Most of Nora Ephron (2013)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Neri Livneh (5 de xullo de 2012), "Neri Livneh salutes her heroine, Nora Ephron" "Plays by Nora Ephron". Doollee. Nora Ephron , vídeo producido por Makers: Women Who Make America
Categoría:Nados en Manhattan Categoría:Nados en 1941 Categoría:Finados en 2012 Categoría:Guionistas dos Estados Unidos de América Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Produtores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Xornalistas dos Estados Unidos de América Categoría:Dramaturgos dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Blogueiros Categoría:Estadounidenses de ascendencia xudía Categoría:Finados por leucemia