A Esmutelín, acrónimo de Escola Municipal de Teatro de Lalín, é unha escola de teatro de Lalín, creada no ano 1998.
Descrición En 2018 contaba con 80 alumnos con idades comprendidas entre os 2 e os 25 anos, repartidos en 8 grupos de teatro en parroquias coma Prado e Vilatuxe, centros escolares e extraescolares, e centralizados na Casa da Xuventude de Lalín. Os ensaios das obras realízanse durante o curso escolar, dende outubro ata xuño, con paradas en datas sinaladas como Nadal ou Semana Santa. Teñen feito representacións das obras en maio coa celebración do Día das Letras Galegas, en xuño coincidindo co fin de curso, en residencias de anciáns, ou colaborando coa asociación O Mencer para recadar artigos de hixiene persoal e alimentos para as persoas con poucos recursos. Tamén teñen realizadas curtametraxes.
Os grupos de teatro da Esmutelín son Aicilag Teatro de Lalín, Xoves Teatro de Prado, Lalinland Teatro de Lalín, Vagalume Teatro de Vilatuxe, Ortae TeatrO de Lalín e Cazaplausos Teatro de Lalín.
Obras máis destacadas
O que hai que ver! A temida pirata Mogurata. Lalinbank. De domingo a domingo. Todo, todo e todo! A Maldición de Caronciño do Lago.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Teatro en Galicia Categoría:Lalín