As linguas chadianasEntrada chadiano/-a en Digalego son unha póla da familia de linguas afroasiáticas. Son faladas en partes do Sahel. Inclúen unhas 150 linguas ó longo do norte de Nixeria, sur de Níxer, sur do Chad, a República Centroafricana e o norte do Camerún. A lingua chadiana máis falada é o hausa, unha lingua franca de gran parte da zona oriental de África occidental.

Composición Newman (1977) clasificou as linguas en catro grupos que foron aceptados en toda a literatura posterior. Porén, non se ten unha feito unha subclasificación máis polo miúdo; Blench (2006), por examplo, só acepta a bifurcación A/B do chadiano oriental.Blench, 2006. The Afro-Asiatic Languages: Classification and Reference List (ms)

Chadiano occidental. Dúas pólas, que inclúen (A) o hausa e as linguas ron, bole e linguas angas; e (B) as linguas bade, warji e zaar. Biu–mandara (chadiano central). Tres pólas, que inclúen (A) o bura, o kamwe e o bata, entre outras; (B) o buduma e o musgu; e (C) didar Chadiano oriental. Dúas pólas, que inclúen (A) o tumak, o nancere e o kera; e (B) o dangaléat, o mukulu e o sokoro Masa miniatura|centro|700px|Unha árbore xeanolóxica coa póla chadiana das linguas afroasiáticas.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Lukas, Johannes (1936) 'The linguistic situation in the Lake Chad area in Central Africa.' Africa, 9, 332–349. Lukas, Johannes. Zentralsudanische Studien, Hamburg 1937; Newman, Paul and Ma, Roxana (1966) 'Comparative Chadic: phonology and lexicon.' Journal of African Languages, 5, 218–251. Newman, Paul (1977) 'Chadic classification and reconstructions.' Afroasiatic Linguistics 5, 1, 1–42.

Categoría:Linguas afroasiáticas