Rosina Gómez Baeza, nada en Xixón o 30 de xuño de 1941, é unha xestora cultural española, recoñecida internacionalmente por dirixir durante vinte anos a feira Internacional de Arte Contemporánea ARCO, contribuíndo á internacionalización da arte contemporánea española. Posteriormente foi directora fundadora da 1ª Bienal de Arte, Arquitectura e Paisaxe das Illas Canarias e presidenta do Instituto de Arte Contemporánea IAC.
Foi galardoada co Premio MAV, Mulleres nas Artes Visuais 2018 na categoría de xestora cultural.
Premios Foi galardoada en diferentes ocasións e distinguida con varias condecoracións: Medalla de Ouro ó mérito nas Belas Artes, 2009. Gran Cruz de Cooperación Iberoamericana. Distinción á Excelencia Europea da UE. Cabaleiro da Orde das Artes e das Letras da República Francesa. Premio á Proxección Internacional do Concello de Madrid. Comendadora da Estrela da Solidariedade Italiana.
Notas
Categoría:Nados en 1941 Categoría:Nados en Xixón Categoría:Feministas de Asturias