Ana María Cano González, nada en Villarín, Somiedo, o 12 de maio de 1950, é unha filóloga asturiana. Foi decana da facultade de Filoloxía da Universidade de Oviedo e catedrática de filoloxía románica. Mestra de ensino primario en 1967, tras desempeñar esta profesión, licénciase en filosofía e letras pola Universidade de Oviedo en 1972, con premio extraordinario, e doutórase pola mesma en 1975 con sobresaliente cum laude, sendo a súa tese "El habla de Somiedo".

Dende 2001 até o 23 de xuño de 2017, presidiu a Academia de la Llingua Asturiana, cargo para o que foi elixida trala marcha de Xosé Lluis García Arias.

Algunhas publicacións El habla de Somiedo, tese doutoral (1975) Vocabulario del bable de Somiedo Institutu d'Estudios Asturianos, 1982) Averamientu a la hestoria de la llingua asturiana (Caja de Asturias, «Conocer Asturias», xaneiro 1987) Notas de Folklor Somedán (Collecha Asoleyada, 1989) Estudios de diacronía asturiana (1) (Llibrería Llingüística, 2008) El habla de Somiedo (occidente de Asturias) (Llibrería Llingüística, 2009)

Notas

Categoría:Nados en 1950 Categoría:Alumnos da Universidade de Oviedo Categoría:Escritores en lingua asturiana Categoría:Membros de número da Academia de la Llingua Asturiana