María Virtudes Monteserín Rodríguez, coñecida como Mariví Monteserín, naceu o 19 de maio de 1959 en Boal (Asturias). É deputada do Partido Socialista Obreiro Español no Congreso de Deputados dende 2004 e formou parte da VIII, IX e X lexislaturas.
Traxectoria A súa primeira responsabilidade política foi como concelleira socialista no Concello de Avilés en 1983 corporación á que pertenceu durante 16 anos, até 1999. Tamén foi tenente de alcalde deste concello entre 1988 e 1995.
No 2000 concorreu ás eleccións na candidatura socialista ó Senado pero non resultou elixida.
No 2004 é elixida deputada por Asturias e participa na tramitación da Lei Integral contra a Violencia de xénero que defende como voceira do Grupo Parlamentario Socialista en materia de Igualdade no Pleno do Congreso o día da súa aprobación o 22 de decembro de 2004 e da Lei Orgánica para a Igualdade Efectiva de Mulleres e Homes aprobada en marzo de 2007. En marzo de 2008 pasa a formar parte da cúpula directiva do PSOE no Congreso de Deputados ó ser nomeada voceira adxunta do PSOE no Congreso, ás ordes de José Antonio Alonso Suárez e Ramón Jáuregui.
Na X Lexislatura iniciada en 2011, Monteserín asume a portavocía do PSOE da Comisión de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento.
En outubro de 2014 gañou as primarias do PSOE en Avilés como candidata en substitución da antiga alcaldesa, Pilar Varela, quen decidiu non repetir á fronte do cartel socialista na cidade.
Notas
Categoría:Nados en Boal Categoría:Nados en 1959 Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Políticos de Asturias Categoría:Alcaldes de Asturias Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PSOE Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (X Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (IX Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (VIII Lexislatura)