Texcoco é un concello do Estado de México. Esta municipalidade está situada na rexión oriente do Estado de México, moi próxima á Cidade de México. Está a unha altitude aproximada de 2.250 metros sobre o nivel do mar. En 2010 Texcoco tiña unha poboación de 235 151 habitantes.Monografia municipal de Texcoco Concello de Texcoco , SEDESOL, 29 de novembro de 2016.

O seu nome deriva do náhuatl e a definición máis aceptada é "Nas jarillas dos riscos".

As actividades económicas fundamentais son o comercio, os téxtiles e actividades agropecuarias nos arredores.

A cidade aínda conserva o estilo colonial destacando os edificios relixiosos do século XVI. Dentro da propia cidade pódense encontrar vestixios da época precolombiana.

Historia Texcoco fundouse no século XII como estado náhuatl independente e pertencente á tripla alianza Tenochtitlan - Tlacopan - Texcoco. Constituíuse como a segunda cidade máis importante do Imperio Azteca correspondendo até dúas quintas partes dos impostos recadados polo imperio. No seu momento foi recoñecida como centro cultural e contou cun importante acervo de documentos de toda índole, desde poesía até astronomía, así como varios pertencentes a culturas de Mesoamérica máis antigas.

O Rei Netzahualcóyotl (1402-1471) foi un destacado poeta, filósofo e mecenas das artes. Entre os seus múltiplos logros podemos salientar xardíns botánicos e un zoolóxico, que contaban con espécimes traídas de todos os recantos do imperio. As ruínas do que foron centros de lecer para a nobreza como os coñecidos Baños de Netzahualcóyotl aínda se poden visitar. O seu fillo Netzahualpilli (1465-1516) continuou a tradición de promover a arte e a cultura en xeral.

En 1520 as tropas de Hernán Cortés ocuparon a cidade e asasinaron o último rei independente de Texcoco, Cacamatzin. A partir de entón Hernán Cortés fixo de Texcoco a súa base de operacións e plataforma para a posterior Conquista de México.

De 1827 a 1830 Texcoco foi capital do Estado de México.

O nome oficial de Texcoco é Texcoco de Mora en honra a un destacado lexislador.

Algúns sitios de interese da zona son, entre outros, as ruínas do outeiro dos melóns, os baños de Nezahualcóyotl, a casa da cultura e os murais de Diego Rivera na Universidade Autónoma Chapingo.

Política e goberno

AlcaldePeríodo 18px|link=Partido Revolucionario Institucional Horacio Duarte Olivares 2000-2003 18px|link=Partido Revolucionario Institucional Higinio Martínez Miranda 2003-2006 18px|link=Partido Aksion Nasional Constanzo De La Vega Membrillo 2006-2009 18px|link=Partido Aksion Nasional Amado Acosta García 2009-2012 18px|link=Partido Aksion Nasional Delfina Gómez Álvarez 2012-2015 18px|link=Partido Revolucionario Institucional Higinio Martínez Miranda 2015-2018

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da cidade, con información histórica e turística

Categoría:Concellos do estado de México Categoría:Zona Metropolitana do Val de México