dereita|miniatura|Copa da Raíña 2023-24, PM Friol - Málaga CF. O Campionato de España-Copa da Súa Maxestade a Raíña, comunmente coñecida como Copa da Raíña, é un torneo español de fútbol feminino que se disputa anualmente por roldas eliminatorias. Iniciouse en 1983, sendo a competición oficial de fútbol feminino máis antiga de España. A súa organización vai a cargo da Real Federación Española de Fútbol.

Os equipos máis laureados son o FC Barcelona, o Levante UD e o RCD Espanyol, con 6 títulos cada un. Un total de 15 equipos gañaron a Copa nalgunha ocasión, sendo o coruñés Karbo Deportivo o vencedor das primeiras tres edicións.

Historia O actual torneo ten o seu antecedente directo na Copa Raíña Sofía, disputada en 1981​ sendo gañada polo Karbo.Las reinas del fútbol ganan su copa La Voz de Galicia. 25 de maio de 2019 A Real Federación Española de Fútbol deu oficialidade ao torneo en 1983, coa creación do Campionato de España de Fútbol Feminino. Ao non existir ningunha outra competición feminina oficial a nivel estatal, este torneo era considerado o máis importante ata a creación, en 1988, da Liga Nacional Feminina.​ A partir desa mesma tempada, o Campionato de España feminino recibiu a denominación de Copa da Raíña, a imaxe e semellanza do Campionato de España masculino, a Copa do Rei.

Inicialmente participaban no torneo os campións das distintas ligas territoriais. Desde a tempada 2001/02 son os mellores clasificados da Superliga os que obteñen o pase para disputar a Copa.

Sistema de competición Desde a edición 2018-19, os 16 equipos da Primeira División participan na competición. Anteriormente só participaban os oito primeiros clasificados da Primeira División. Todas as roldas xóganse a un só partido.

En oitavos de final, o equipo que xoga en casa é designado por sorteo puro.​

O sorteo para os cuartos de final segue o seguinte formato: Nunha primeira fase sepáranse en dúas copas os dous equipos clasificados para a Liga de Campións Feminina da UEFA. Os seis equipos restantes divídense, por sorteo, entre as dúas copas, formando un total de 4 equipos por copa. Emparéllanse por sorteo puro os equipos de cada copa. O partido de cuartos de final xogarase no campo do equipo que xogase os oitavos de final fóra de casa. No caso de que ambos os equipos xogasen en casa ou fóra, será o primeiro cuxa bóla sexa extraída no sorteo.

Trofeo O trofeo outorgado ao vencedor da competición foi cambiando ao longo dos anos. Desde 2011 entrégase unha copa de prata de lei, de 73 centímetros de altura e oito quilos de peso. O deseño e elaboración do trofeo é obra da Xoiería Alegre de Madrid, responsable tamén da Copa do Rei masculina.

O club campión da Copa da Raíña recibe devandito trofeo, en depósito, durante un ano, tras o cal é substituído por unha réplica. Só o club que conquista o título tres anos consecutivos ou cinco alternos obtén o trofeo en propiedade.

Ademais do trofeo, a RFEF entrega 25 réplicas do trofeo ás xogadoras que compoñen o persoal do club campión, e 25 medallas prateadas para as do segundo clasificado.

Historial de finais

Tempada Estadio Campión Resultado Subcampión Comentarios1983 Las Margaritas, Xetafe Karbo CF 4–1Chío de Manu Sainz coa crónica do diario As Porvenir CFCadro de 8 equipos1984 Riazor, A Coruña Atotxa, Donostia Karbo Deportivo 4–2, 1–2 Añorga Ikastola AmasorrainCadro de 8 equipos. Final a dobre partido1985 Riazor, A Coruña Karbo Deportivo 2–2 (3–1 p.) Peña Barcelonista BarcilonaCadro de 8 equipos1986 Medina de Pomar CF Porvenir 3–1 Oiartzun KE1987 Zumarraga Oiartzun KE 3–2 Añorga KKE1988 Tomelloso Oiartzun KE 8–0 CF Porvenir1989Las Gaunas, Logroño CF Parque Alcobendas 4–2 Añorga KKE1990Carlos Belmonte, Albacete Añorga KKE 2–0 RCD Espanyol1991La Romareda, Zaragoza Añorga KKE 3–0 CF Barcelona1992Jesús María Pereda, Medina de Pomar Oroquieta Villaverde 3–0 CE Sabadell1993Getafe Añorga KKE 2–1 Oroquieta VillaverdeCadro de 16 equipos1994Ciudad del Fútbol de Las Rozas CF Barcelona 2–1 Oroquieta Villaverde1995Coslada Oroquieta Villaverde 4–2 Añorga KKE1996Estadi Olímpic, Terrassa RCD Espanyol 3–0 Oroquieta Villaverde1997Descoñecida RCD Espanyol 4–2 Club Atlético Málaga1998Descoñecida Club Atlético Málaga 4–0 SD LagunakCadro de 8 equipos1999Descoñecida Oroquieta Villaverde 3–1 Eibartarrak FT2000Descoñecida Levante UD 3–0 SD Lagunak2001Descoñecida Levante UD 5–1 CF Puebla2002Descoñecida Levante UD 1–0 RCD Espanyol2003Nova Creu Alta, Sabadell CE Sabadell 3–1 CFF Estudiantes2004 Anduva, Miranda de Ebro Levante UD 3–1 CE SabadellCadro de 4 equipos2005 Breña Alta, La Palma Levante UD 2–1 CF PueblaCadro de 8 equipos2006Nazaret, Valencia RCD Espanyol 2–2 (4–3 p.) SD Lagunak2007García de la Mata, Madrid Levante UD 3–1 RCD Espanyol2008Juliar Ariza, Torrelodones Rayo Vallecano 3–2 Levante UD2009La Romareda, Zaragoza RCD Espanyol 5–1 CD Prainsa Zaragoza2010Polideportivo de Artunduaga, Basauri RCD Espanyol 3–1 Rayo VallecanoCadro de 14 equipos2011Ciudad del Fútbol de Las Rozas, Las Rozas FC Barcelona 1–0 RCD EspanyolCadro de 8 equipos2012 RCD Espanyol 2–1 Athletic ClubCadro de 4 equipos2013 FC Barcelona 4–0 CD Prainsa ZaragozaCadro de 8 equipos2014Alfonso Murube, Ceuta FC Barcelona 1–1 (5–4 p.) Athletic Club2015Álvarez Claro, Melilla Sporting de Huelva 2–1 Valencia C. F.2016Ciudad del Fútbol de Las Rozas, Las Rozas Atlético de Madrid 3–2 FC Barcelona2017 FC Barcelona4–1 Atlético de Madrid2018Estadio Romano, Mérida FC Barcelona1–0 Atlético de Madrid2019Nuevo Los Cármenes, Granada Real Sociedad2–1 Atlético de MadridCadro de 16 equipos

Palmarés Pos. Equipo Campión Subcampión Títulos (anos) 1 RCD Espanyol 6 4 1996, 1997, 2006, 2009, 2010, 2012 2 FC Barcelona6 21994, 2011, 2013, 2014, 2017, 2018 3 Levante UD 6 1 2000, 2001, 2002, 2004, 2005, 2007 4 Añorga KKE 3 4 1990, 1991, 1993 6 Oroquieta Villaverde 3 3 1992, 1995, 1999 6 Karbo Deportivo 3 0 1983, 1984, 1985 7 Oiartzun KE2 1 1987, 1988 14 Atlético de Madrid 1 3 2016 8 CF Porvenir 1 2 1986 11 CE Sabadell 1 2 2003 10 Málaga CF 1 1 1998 12 Rayo Vallecano 1 1 2008 9 CF Parque Alcobendas 1 0 1989 13 Sporting Club de Huelva 1 0 2015 15 Real Sociedad 1 0 2019

Notas

Véxase tamén Outros artigos Primeira División española de fútbol feminino

Categoría:Competicións de fútbol feminino en España