As Series Mundiais de Tríatlon 2019 foron a 11ª edición do Campionato do mundo de tríatlon, a máxima competición internacional de tríatlon, dende o seu establecemento en 2009.

Foron organizadas pola Unión Internacional de Tríatlon e consistiron en oito pares de carreiras de tríatlon, en categorías masculina e feminina, comezando o 8 de marzo en Abu Zabi, e concluíndo o 1 de setembro coa gran final en Lausana, Suíza. A edición tamén contou con catro carreiras de relevos mixtos das Series de Relevos Mixtos, que ofreceron puntos aos equipos nacionais que se cualificaron, para o a proba de relevos mixtos dos Xogos Olímpicos de Tokyo 2020.

Mario Mola e Vicky Holland comezaron a tempada defendendo o título logrado na edición de 2018. Finalmente o título masculino foi para o francés Vincent Luis, seguido por Mario Mola e Javier Gómez Noya, e o feminino para a estadounidense Katie Zaferes, coas británicas Jessica Learmonth e Georgia Taylor-Brown en segunda e terceira posición.

Funcionamento

Calendario As Series Mundiais de Tríatlon 2019 visitaron dez cidades, incluíndo unha carreira de proba no circuíto de relevos dos Xogos Olímpicos de 2020 como parte das Series Mundiais de Relevos Mixtos.

Probas DataLugarTipo8–9 de marzo Abu ZabiSprint27–28 de abril BermudaEstándar18–19 de maio IocoamaEstándar8–9 de xuño LeedsEstándar29 de xuño MontrealEstándar6-7 de xullo HamburgoSprint20-21 de xullo EdmontonSprint30 de agosto – 1 de setembro LausanaGran Final

Relevos Mixtos DataLugarTipo9 de marzo Abu ZabiRelevos mixtos15 de xuño NottinghamRelevos mixtos7 de xullo HamburgoRelevos mixtos (Campionato do mundo)21 de xullo EdmontonRelevos mixtos18 de agostoTokyoRelevos mixtos (Evento de proba olímpica)

Sistema de puntos Por cada carreira que un triatleta finalizou outorgáronse puntos baseándose na posición na que se cruzou a liña de meta. Por unha vitoria nunha proba normal das series mundiais recibíanse 1000 puntos e por cada posto seguinte un 7.5% menos, para os primeiros corenta triatletas. Na gran final, o premio para o gañador eran 1200 puntos e unha vez máis decrecendo un 7.5% por cada posto, pero neste caso os puntos alcanzaban ata o posto 50.º. Con todo, calquera triatleta fóra do tempo de corte non recibiiu puntos mesmo se acaba en posición de puntos, o tempo de corte calculouse engadindo un 5% ao tempo do gañador na proba masculina e un 8% na feminina.

A puntuación final de cada triatleta era a suma dos seus puntos na gran final e nas súas cinco mellores carreiras dese ano.

Series

Abu Zabi alt=|miniatura|235x235px|O porto de Yas Marina alberga a proba de natación antes da de ciclismo no circuíto de Fórmula 1. As series de 2019 empezaron cunha carreira de distancia sprint en Abu Zabi dentro e ao redor do porto da illa Yas. Era a 10ª vez que a carreira se celebraba alí e a 5ª vez que se realizaba unha carreira de distancia sprint. O percorrido de natación foi realizado no porto con voltas de 750 metros, antes da transición a fóra do circuíto de Yas Marina. Despois os atletas deron cinco voltas en bicicleta a un percorrido de 4 km ao longo do circuíto de Fórmula 1. Despois da sección de bicicleta, os competidores procederon a completar dúas voltas dun circuíto de 2.5 km circuíto corrido sobre parte da pista de F1 e parte do porto antes de acabar o tríatlon na Marina.

Participaron os dous defensores do título, Mario Mola e Vicky Holland, así como a maior parte dos dez mellores atletas do ano anterior na clasificación final. Tamén competiu o debutante Alex Yee, que gañara a carreira máis recente da Copa do Mundo en Cidade do Cabo.

Na carreira feminina apareceu unha pequena división na proba de natación que se agrandou no segmento ciclista, de tal xeito que á metade do percorrido de bicicleta estableceuse unha fuga de sete atletas. O grupo incluía ás americanas Zaferes, Spivey e Knibb, xunto con Learmonth do Reino Unido. As fuxidas aproveitaron a súa vantaxe de xeito que lle sacaban un minuto ás perseguidoras cando chegaron á segunda transición. Zaferes foi a primeira en chegar ao segmento a pé e liderou o resto da carreira, aumentando a vantaxe sobre as demais para chegar soa á meta. Spivey chegou soa, entre o primeiro posto e a batalla polo terceiro, que foi disputado ao sprint por Knibb e Learmonth, gañándoo esta última.

No lado masculino, a división apareceu na natación pero ao longo de toda a sección de bicicleta, todo o pelotón foise reagrupando lentamente, de modo que todos os competidores fixeron a última transición ao mesmo tempo. Hayden Wilde, de Nova Zelandia, intentou inicialmente crear un oco na carreira a pé, pero pronto foi alcanzado por Yee e Mola. A parella mantívose unida e liderando ata que, a 500 metros de distancia, Mola aumentou o ritmo para chegar primeiro seguido de Yee. O terceiro en cruzar a liña de meta foi o talaverano Fernando Alarza.

Resultados

Resumo de medallas

Homes ProbaOuroPrataBronce Abu Zabi Mario Mola Alex Yee Fernando Alarza Bermudas Dorian Coninx Javier Gómez Noya Gustav Iden Iocoama Vincent Luis Henri Schoeman Bence Bicsák Leeds Jacob Birtwhistle Matthew McElroy Javier Gómez Noya Montreal Jelle Geens Mario Mola Tyler Mislawchuk Hamburgo Jacob Birtwhistle Vincent Luis Jelle Geens Edmonton Jonathan Brownlee Mario Mola Marten Van Riel Lausana Kristian Blummenfelt Mario Mola Fernando Alarza

Mulleres ProbaOuroPrataBronce Abu Zabi Katie Zaferes Taylor Spivey Jessica Learmonth Bermudas Katie Zaferes Jessica Learmonth Joanna Brown Iocoama Katie Zaferes Summer Rappaport Taylor Spivey Leeds Georgia Taylor-Brown Katie Zaferes Jessica Learmonth Montreal Katie Zaferes Georgia Taylor-Brown Jessica Learmonth Hamburgo Non Stanford Cassandre Beaugrand Summer Rappaport Edmonton Emma Jackson Summer Rappaport Ashleigh Gentle Lausana Katie Zaferes Jessica Learmonth Georgia Taylor-Brown

Relevos mixtos ProbaOuroPrataBronce Abu Zabi Ashleigh GentleLuke WillianEmma JeffcoatJacob Birtwhistle Taylor SpiveyBen KanuteKatie ZaferesEli Hemming Ainsley ThorpeSam WardSophie CorbidgeHayden Wilde NottinghamGeorgia Taylor-Brown

Ben Dijkstra

Sophie Coldwell

Alex YeeJolanda Annen

Max Studer

Alissa König

Adrien BriffodÉmilie Morier

Dorian Coninx

Léonie Périault

Pierre Le Corre HamburgoÉmilie Morier

Léo Bergère

Cassandre Beaugrand

Vincent LuisLaura Lindemann

Valentin Wernz

Nina Eim

Justus NieschlagNatalie Van Coevorden

Aaron Royle

Emma Jeffcoat

Jacob Birtwhistle EdmontonAinsley Thorpe

Tayler Reid

Nicole van der Kaay

Hayden WildeSophie Coldwell

Jonathan Brownlee

India Lee

Gordon BensonSummer Rappaport

Seth Rider

Taylor Knibb

Morgan Pearson TokyoLéonie Périault Pierre Le CorreCassandre BeaugrandDorian ConinxJessica Learmonth

Gordon Benson

Georgia Taylor-Brown

Alex YeeSummer Rappaport

Seth Rider

Tamara Gorman

Ben Kanute

Clasificación xeral

Homes +PostoNomeProbas disputadasPuntos1 Vincent Luis65.0962 Mario Mola64.9393 Javier Gómez Noya64.5334 Fernando Alarza64.3955 Marten Van Riel63.6596 Jacob Birtwhistle63.4337 Henri Schoeman63.1488 Léo Bergere63.0429 Gustav Iden63.02810 Kristian Blummenfelt52.892

Mulleres +PostoNomeProbas disputadasPuntos1 Katie Zaferes66.1752 Jessica Learmonth65.3263 Georgia Taylor-Brown65.1914 Taylor Spivey64.6515 Summer Rappaport63.5896 Rachel Klamer63.5867 Non Stanford53.4358 Cassandre Beaugrand52.5489 Annamaria Mazzetti 52.45610 Laura Lindemann42.427

Relevos Mixtos +PostoPaísPuntos13.228,1723.074,8432.907,5542.836,9852.771,0762.616,5872.198,2982.192,8892.135,06102.118,77

Notas

Véxase tamén Outros artigos Series Mundiais de tríatlon

Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Deporte en 2019 Categoría:Series Mundiais de Tríatlon