José Araújo Fernández, nado en 1971 en Mosela, é un empresario e político galego.

Traxectoria

Diplomouse en ciencias empresarias no Campus de Ourense. Empresario do sector dos videoclubs, chegou a ter tres na cidade de Ourense."Jensen se queda solo". La Región, 12 de agosto de 2017 Foi xerente do Festival de Cine Internacional de Ourense (2002-2003). Militante do Partido Popular foi concelleiro dende 2003 e tenente de alcalde e voceiro popular no concello entre 2015 e 2019. O 29 de xaneiro de 2019 renunciou a todos os seus cargos"Dimite José Araújo, voceiro do PP no Concello de Ourense". CRTVG, 29 de xaneiro de 2019 e o 12 de febreiro anunciou a súa marcha a Ciudadanos e a súa candidatura á alcaldía de Ourense."O ex-voceiro do goberno do PP en Ourense confirma que marcha a Ciudadanos" . Praza, 12 de febreiro de 2019 Notas

Categoría:Nados en 1971 Categoría:Nados no departamento de Mosela Categoría:Concelleiros de Galicia polo PPdeG Categoría:Concelleiros de Ourense Categoría:Políticos de Cidadáns - Partido da Cidadanía Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo