miniatura|esquerda|Póster soviético en ucraíno A República Socialista Soviética de Ucraína (Українська Радянська Соціалістична Республіка) foi creada o 25 de decembro de 1917, e foi unha das repúblicas que constituíron a Unión Soviética cando esta foi formada en 1922. Trala segunda guerra mundial, en 1945, algunhas emendas á Constitución da RSS de Ucraína foron aceptadas, que lle permitiron actuar como un suxeito separado en canto a lexislación internacional, sendo parte da URSS ó mesmo tempo. Concretamente, esas emendas permitiron á RSS de Ucraína converterse nun dos membros fundadores da Organización das Nacións Unidas (ONU) xunto á URSS e a RSS de Belarús. En realidade isto só significaba dar á Unión Soviética votos e asentos extra na ONU, xa que a RSS de Ucraína non tiña voz propia nos asuntos internacionais.
A RSS de Ucraína foi renomeada Ucraína o 24 de agosto de 1991, e deixou a URSS o mesmo día, volvendose un estado independente.
A capital foi inicialmente Khárkiv (entre 1918 e 1934) e despois Kíiv (Kyiv). Crimea foi transferida á república en 1954 dende a RSSF de Rusia.
A RSS de Ucraína acadou á súa independencia tralo colapso da Unión Soviética en 1991.
Os líderes do Partido Comunista de Ucraína (e tamén líderes da república) foron:
Georgy Pyatakov (1918) Stanislav Kosior (1919-1920) Dmitry Manuilsky (1921-1923) Emmanuil Kviring (1923-1925) Lazar Kaganovich (1925-1928) Stanislav Kosior (1928-1938) Nikita Khrushchev (1938-1949) Leonid Melnikov (1949-1953) Alexei Kirichenko (1953-1957) Nikolai Podgorny (1957-1963) Petro Shelest (1963-1972) Volodymyr Shcherbytsky (1972-1989) Vladimir Ivashko (1989-1990) Stanislav Gurenko (1990-1991)
Véxase tamén
Outros artigos Partido Comunista de Ucraína
Ligazóns externas Constitución da RSS de Ucraína de 1978 (en inglés)
Categoría:Historia de Ucraína Ucraína