Juan José Jeremías Montero, nado en Santiago de Compostela o 28 de maio de 1889 e finado en Guadalaxara (México) o 10 de setembro de 1950, foi un industrial e político galego.

Traxectoria Fillo de José Jeremías Cabezas e Encarnación Montero Pasantino, sobriña de Eugenio Montero Ríos. Foi elixido presidente da Juventud Republicana de Santiago de Compostela en decembro de 1912.La Correspondencia Gallega, 17-12-1912, p. 2. Correlixionario de Emiliano Iglesias, mantivo contactos con el durante a súa visita a Galicia en setembro de 1921.El Compostelano, 3-9-1921, p. 1. Dono dunha fábrica de chocolate en Pontecesures. Na República foi alcalde de Pontecesures do 5 de xuño de 1931 ao 30 de xullo de 1936.La Noche, 6-9-1958, p. 6. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 pasou á zona leal e foi auxiliar da administración de xustiza no xulgado de Belchite e en maio de 1938 foi destinado ao Xulgado especial Xeral de Evasión de Capitais en Barcelona.Gaceta de la República, 14-5-1938, p. 867. Coa derrota da República pasou a Francia e exiliouse en México, arribando ao porto de Veracruz o 27 de xullo de 1939 a bordo do vapor Mexique.

Obras El filo de la traición, 1943.

Vida persoal

Casou en 1915 con Concepción Carlés Romero, fila de José Carlés Romero, alcalde de Valga.El Diario de Pontevedra, 4-5-1915, p. 2. Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Ficha en Movimientos Migratorios Ficha no Repertorio biobibliográfico do exilio galego

Categoría:Alcaldes de Pontecesures

Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1889 Categoría:Finados en 1950 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes