Askar Uzakbaiuly Mamin (en ), nado en Tselinogrado o 23 de outubro de 1965 é un político kazako, que ocupou o cargo de primeiro ministro de Kazakhstán entre 2019 e 2022.

Antes ocupara o cargo de Viceprimeiro ministro do 9 de setembro de 2016 ao 21 de febreiro de 2019. Foi tamén presidente de Qazaqstan Temir Zholy, a empresa ferroviaria nacional de Kazakhstán e presidente da Federación de Hóckey sobre xeo de Kazakhstán.

De 2005 a 2006 foi Ministro de Transportes e Comunicacións do Goberno de Kazakhstán e de 2006 a 2008 alcalde de Astana.

É membro do partido gobernante Nur Otan.

Traxectoria Mamin gradouse no Instituto de Enxeñaría Civil de Tselinogrado e na Universidade rusa de Economía de Plekhanov, nas especialidades de economía e enxeñaría civil. Exerceu como Vicedirector xeral da Unión de Empresas Innovadoras de Kazakhstán. De 1996 a 2008, foi tenente de alcalde da Cidade de Astana, viceministro de Transportes e Comunicacións da República de Kazakhstán e viceministro primeiro de Industria e Comercio da República de Kazakhstán.

Foi presidente da empresa nacional ferroviaria Qazaqstan Temir Zholy de 2006 a 2008 e primeiro viceprimeiro ministro dende setembro de 2016.

O 21 de febreiro de 2019 asumiu as funcións do primeiro ministro, tras a dimisión de Bakhitzhan Sagintaiev. Catro días despois a Cámara Baixa de Kazakhstán aprobou a súa candidatura e foi nomeado oficialmente Primeiro ministro de Kazakhstán.

Vida persoal Askar Mamin está casado con Altynai Mamina. Teñen un fillo e filla: Daniyar, nado en 1986, e Dinara, nada en 1991.

Cargos políticosPredecesor:Bakhytzhan Sagintayev Primeiro ministro de Kazakhstán2019–presentPresentePredecesor:Umirzak Shukeyev Alcalde de Astana2006–2008Sucesor:Imangali Tasmagambetov

Notas

Véxase tamén Outros artigos Primeiro ministro de Kazakhstán Presidente de Kazakhstán Kassym-Jomart Tokayev

Ligazóns externas Sitio oficial do primeiro ministro de Kazakhstán

Categoría:Primeiros ministros de Kazakhstán Categoría:Nados en 1965