España Libre, foi un xornal que se editou en Madrid entre 1911 e 1915.
Historia e características Subtitulado Diario de la noche, apareceu o 15 de abril de 1911. De ideoloxía republicana veu substituír o periódico España Nueva logo de que a redacción se declarase en folga contra o xerente Arturo Soriano.El Eco de Galicia, 25-3-1911, p. 2. Fundado por Augusto Vivero Rodríguez de Tudela, que foi o seu primeiro director. Entre os seus redactores figuraron Ramón Martínez Sol, Antonio de la Villa, Manuel Lustres Rivas e Javier Montero Mejuto. Cesou a súa publicación en marzo de 1912.El Correo Gallego, 28-3-1912, p. 3. Reapareceu como órgano de Melquíades Álvarez. Volveu editarse en 1913. Tiña como correspondente en Pontevedra a Pedro Chardonel Guiance.La Libertad, 10-6-1911, p. 3.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Biblioteca Digital memoriademadrid
Categoría:Xornais de Madrid