Áslaug Jónsdóttir, nada en Borgarfjarðarsýsla o 31 de marzo de 1963, é unha escritora islandesa de literatura infantil, así como ilustradora e escritora de obras de teatro.

Traxectoria Medrou preto de Borgarfjörður, no oeste de Islandia, e despois asistiu ó Menntaskólinn við Hamrahlíð en Reiquiavik. Posteriormente estudou en Copenhagen, Dinamarca, na Skolen for Brugskunst.

Carreira Publicou o seu primeiro libro infantil de ilustracións en 1990. O seu traballo máis recente inclúe a colaboración das tamén autoras Kalle Guettler (sueca) e Rakel Heimisdal (feroesa) nunha serie de libros de "Monstros" publicados orixinalmente en islandés, sueco e feroés, comezando con Nei! sagði litla skrímslið (traducido ó galego en 2014 co título Monstro pequeno di non!) en 2004.

En 2002, ela e Andri Snær Magnason colaboraron en Sagan af bláa hnettinum que gañou o Premio de Literatura Infantil Nórdica e que foi traducido a numerosas linguas, entre elas o inglés.

Obras Gullfjöðrin (1990) Fjölleikasýning Ástu (1991) Stjörnusiglingin – Ævintýri Friðmundar vitavarðar (1991) Á bak við hús – Vísur Önnu (1993) Einu sinni var raunamæddur risi (1995) Prakkarasaga (1996, escrito xunto con Sigurborg Stefánsdóttir) Sex ævintýri (1998) Eggið (2003) Unugata (2003) Monstro pequeno di non! (Nei! sagði litla skrímslið, 2004). Traducido ó galego no 2014 por Sushi Books. Gott kvöld (2005) Os monstros grandes non choran (Stór skrímsl gráta ikki, 2006, escrito xunto con Kalle Güettler e Rakel Helmsdal). Traducido ó galego no 2014 por Sushi Books. Quero peixe! (Ég vil fisk!, 2007). Traducido ó galego no 2019 por Alvarellos Editora. Monstros na escuridade (Skrímsli í myrkrinu, 2007, escrito xunto con Kalle Güettler e Rakel Helmsdal). Traducido ó galego no 2017 por Sushi Books. Ég heiti Grímar (2008) Gripe monstruosa (Skrímslapest, 2008, escrito xunto con Kalle Güettler e Rakel Helmsdal). Traducido ó galego por Sushi Books. Skrímsli í heimsókn (2009, escrito xunto con Kalle Güettler e Rakel Helmsdal) Skrímsli á toppnum (2010, escrito xunto con Kalle Güettler e Rakel Helmsdal) Skrímslaerjur (2012, escrito xunto con Kalle Güettler e Rakel Helmsdal) Skrímslakisi (2014, escrito xunto con Kalle Güettler e Rakel Helmsdal) Skrímsli í vanda (2017, escrito xunto con Kalle Güettler e Rakel Helmsdal)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Nados en 1963 Categoría:Escritores en lingua islandesa Categoría:Escritores de Islandia Categoría:Nados en Islandia