Juan Téllez López, nado en Madrid o 9 de outubro de 1878 e finado na mesma cidade o 1 de xullo de 1915, foi un veterinario, escritor e xornalista español.

Traxectoria

Fillo de Juan Téllez Vicén, Estudou no Instituto San Isidro e despois na Escola de Veterinaria de Madrid. En 1900 foi nomeado catedrático de Fisioloxía, Hixiene, Mecánica animal, Aplomos, Pelos e Modos de Criticar da Escola de Veterinaria de Santiago de Compostela,Pérez Maceira, J.J.; Conde Gómez, D. (2014) Juan Rof Codina. Veterinario e Divulgador. O Album da Ciencia 2014. Unidade didáctica: A renovación agrícola gallega. p. 17-18.. permanecendo no posto até 1904, cando ingresou no Corpo de Veterinaria Militar.La Correspondencia Gallega, 2-8-1904, p. 2. Foi director de La Verterinaria Escolar (1901), Ciencia y Arte (1902) e Revista Veterinaria (1903). Colaborou en La Idea Moderna. Autor de Enciclopedia de cultura general, publicou tamén diversas obras de carácter literario como Mater admirabilis (en El Cuento Semanal), Cuentos para Mimí, De espaldas al sol, e a súa novela póstuma Vidas sin vida. Vida persoal

Casou en Madrid con María Cavida Marqués en 1901.La Idea Moderna, 4-7-1901, p. 2. Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Escritores da Comunidade de Madrid Categoría:Veterinarios de España Categoría:Xornalistas da Comunidade de Madrid Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1878 Categoría:Finados en 1915