Xildas é unha novela infantil escrita por Antonio Manuel Fraga que foi publicada por Sushi Books, selo editorial de Rinoceronte Editora, no ano 2013.
A novela conta con versións traducidas ó castelán, ó catalán e ó éuscaro.
Sinopse Ambientado na vila mariñeira e ficticia de Sesgaña, conta a historia dunha rapaza de nove anos chamada Catuxa. Un día, Catuxa atópase cun trasno chamado Xildas, e xunto cos seus amigos terá que buscarlle un novo fogar.
Notas
Categoría:Obras literarias de 2013 Categoría:Novelas en galego