Fila é unha compañía italiana de roupa deportiva fundada en Biella (Piemonte, Italia) no 1911. Dende 2007, a sede está en Seúl e é unha filial de Fila Korea.
Historia Fila fundouse en Biella (Piamonte, Italia) da man de Giansevero Fila no 1911. Orixinalmente fabricaba roupa para os habitantes dos Alpes italianos e actualmente fabrica roupa deportiva masculina, feminina, para nenos e para atletas.
O produto estrela da compañía era orixinalmente roupa interior, antes de adicarse á roupa deportiva nos anos 1970, que comezou servindo de auspiciador para o tenista sueco Björn Borg.
A compañía italiana que controlaba a empresa, Holding di Partecipazioni, vendeuna ao hedge fund estadounidense Cerberus Capital Management no 2003, despois de que a compañía se comprometese a unha campaña de patrocinio importante en atletismo, cando a situación financeira era difícil. Cerberus era propietaria de Fila a través do holding Sports Brands International, que era propietaria e operadora de tódolos negocios de Fila en todo o mundo, agás Fila Korea, que sempre foi unha compañía independente que operaba coa marca baixo licenza.
En xaneiro de 2007, a marca global de Fila foi adquirida por Fila Korea, filial que sempre foi independente, por 400 millóns de dólares, o que a fai a primeira compañía de deportes de Corea.
Fila comprou ao fabricante de equipamento de golf estadounidense Acushnet no 2011, incluíndo a marca Titleist.
Patrocinios Equipos actualmente patrocinados borda|clase=noviewer|20x20px Inglaterra Athletic Football Club Bournemouth Morecambe Football Club Oldham Athletic Rochdal
Tenis ATP / WTA
Diego Schwartzman Guido Pella Karolína Plíšková Janko Tipsarević Matthew Ebden Alexander Babanine Sam Querrey Ashleigh Barty Andreas Seppi Dmitry Tursunov John Isner Mackenzie McDonald Carsten Ball Tímea Babos Iriana-Camelia Begu Marin Čilić
Notas
Véxase tamén
Categoría:Empresas de Italia